A Televisión de Galicia acolle unha semana máis as vidas de tres persoas das pequenas vilas mariñeiras galegas no programa "Ribeiras" (16.25 horas), un espazo onde poñer en escena as historias persoais das xentes que realizan labores no mar e que, hoxe, serven para recoñecer a importancia que esta actividade ten tanto en Galicia coma nas súas propias familias.

Hoxe en "Ribeiras" imos coñecer homes e mulleres nos portos de A Pobra do Caramiñal, Ribadeo e Celeiro. A Manuel Boo que ten unha batea experimental na Pobra, que ademais dun resultado económico xera beneficios para a ría. A Natalia Rodríguez, que exerce un traballo na ría de Ribadeo que é clave para lograr unha explotación marisqueira sostible. E a Alberto Santos, co que imos a entender a importancia do mantemento dos barcos para a seguridade dos mariñeiros, xa que el se encarga deste traballo no porto de Celeiro. Coidar do mar e os mariñeiros é a base para o futuro nas ribeiras de Galicia. Veremos como se fai nas ribeiras de A Pobra do Caramiñal, Ribadeo e Celeiro. Os homes e mulleres que alí traballan o fan pensando en construír futuro. Vivir nas ribeiras tamén é adquirir un compromiso coa sostenibilidade e a seguridade do mar.

Manuel Boo ten unha batea dedicada ao pre-engorde de ameixa, ostra e berberecho. Ten o barco atracado no porto e na cuberta do mesmo fan o traballo de selección da ostra e Manuel cóntanos como é o proceso do cultivo que el fai deste produto na batea, e tamén o traballo coa cría de ameixa. Manuel coñece ben o pasado na ría de Arousa, soubo recoller a testemuña dos vellos bateeiros de mexillóns, para, a partir dos seus coñecementos, experimentar con novos cultivos.

Camiñando polo porto de Ribadeo coñeceremos a Natalia Rodriguez, que traballa para as Confrarías de Ribadeo e San Cosme de Barreiros. Explícanos en que consiste o seu traballo como asistente técnico das confrarías, relacionado basicamente cos recursos marisqueiros das dúas rías.

Na localidade de Xove coñecemos Alberto Santos, que sae da súa casa para dirixirse ao porto de Celeiro, onde ten a empresa da que é socio e xerente, de reparación e transformación de barcos pesqueiros. Cóntanos cales sons as reparacións principais que fan nos barcos, e que agora están facendo moitas transformación de palangreiros en arrastreiros, e viceversa.