Roi Vidal: ´Bolaño foi o primeiro indignado e un loitador pola dignidade do cómico´

Méndez Ferrín: "É unha figura imprescindible para entender a dimensión do teatro galego" - Roberto Pascual: "Foi un creador total cunha visión holística do feito teatral, sexa como dramaturgo, escenógrafo, iluminador..."

07.05.2013 | 07:34
Público asistente ao acto sobre Vidal Bolaño no auditorio vigués do Areal . // Marta G. Brea
Público asistente ao acto sobre Vidal Bolaño no auditorio vigués do Areal . // Marta G. Brea

"Vidal Bolaño foi un precursor en moitas cousas, e poderíamos afirmar que foi o primeiro indignado e moito máis que eso: digno. Esa misma nariz de paiaso coa que se mostróu ao público por vez primeira en 1985 na sua obra Caprice de Dieux, non só simboliza a comicidade, senón a forza da denuncia. Na obra que deixou está claramente explícita a reivindicación da dignidade do cómico pero tamén a crítica ao poder, a autocrítica a súa misma xeración e incluso ao seu propio gremio teatral". Palabras ditas onte no Club FARO polo seu fillo, Roi Vidal, músico, dramaturgo e poeta, no acto de Conmemoración do Día das Letras Galegas 2013, dedicadoa Bolaño e "a dignidade do tetro galego".

Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, foi o presentador dunha mesa redonda-coloquio na que participaron Xosé Luis Méndez Ferrín, ex presidente da Real Academia Galega, Roberto Pascual, xefe de Estudos da Escola de Arte Dramática de Galicia e o mismo Roi Vidal, fillo do autor, director e actor teatral. Para Ferrín estaba craro: Bolaño é unha figura "imprescindible" para comprender a dimensión do teatro galego. Pero quen falou en primeiro lugar foi Bragado, que lembrou que Bolaño, nacido en 1950 e morto en 2002, dende a súa condición de autor, director, escenógrafo o ilumindor "contribuiu de forma decisiva ao desenvolvemento do noso teatro nacional e foi tamén un pioneiro na creación do noso sector audiovisual".

Radicalmente monolingüe

Según Bragado o autor homenaxeado, "radicalmente monolingüe", contribuiu a instalación do teatro na nosa lingua e na súa obra hai un inequívoco compromiso estético y ético. "Como dixo Manuel Quintans -opinou Bragado-, para Bolaño o teatro tiña de ser un medio de comunicación reivindicativo da condición humana... pero tamén un fenómeno estético e unha forma de expresión da cultura na que ten de afondar obrigadamente as túas raíces. Non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX".

Nese aspectos afondou Roberto Pascual, da Escola de Arte Dramática de Galicia, na súa intervención. "Foi unha figura fundamental no teatro galego contemporáneo -dixo- , un creador que defendeu unha visión holística del teatro, al modo de Artaud. Foi un creador total, fora como dramaturgo, escenógrafo, iluminador, director, actor... ".

Pascual sinalou como momento importante da súa traxectoria a recepción do premio Abrente en 1976 por "Laudamuco, señor de ningures", tras fundar en 1975 o Grupo Antroido. "É a partires dese momento cando abandona o seu traballo na banca -explicou- e adícase a crear e asentar a profesión teatral. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profisionais, superando de vez a pantasma de "amador" que voaba sempre sobre a historia do noso teatro. Preocúpase pola dignidade do oficio e por un teatro que ambicionaba chegar a unha maioría social pero sen que fose unha evasión, un feito crematístico sen máis, senón un teatro para estimular o coñecemento".

Lembrou tamén Pascual o ostracismo que sufriu Bolaño, producido polo seu espectáculo "Agasallo de sombras" en 1984 e o seu conflicto co goberno autonómico "sen que se sentise respaldado polos seus compañeiros de profesión. No ano 1992 funda Teatro do Aquí,grupo con que empezou unha nova aventura en busca dun teatro que falara da realidade contemporánea e co que a xente poidera sentirse vinculado introducindo ademáis unha estética máis urbana. ahí está a súa obra "Saxo tenor".

Falou Pascual da súa obra "A tempestade", escrita xa conscente do cancro que lle levaría a morte. "Sempre vemos personaxes imposibles na súa dramaturxia -dixo-, de periferia, de hampa, outsiders... aínda que non lles deixa perder a dignidade. - non podemos esquencer o seu humor, sea sarcástico, irónico ... un humor que libera endorfinas pero activo, que ensina a arte de sermos espectadores pero tamén a arte de sermos cidadáns".

Falou despois o fillo, Roi Vidal: "O máis importante da traxectoria persoal e artística de meu pai é a dignidade. Foi o primeiro indignado, e era máis que iso: era digno. Nos seus textos hai moita preocupación por dignificar seres humanos que están sempre marxinalizados na sociedade: os perdedores, os tolos, as putas. Penso que fai unha humanización de todo o que é humano".

Roi Vidal elixiu centrarse nese ano 1983 "catastrófico" para o pai en que estrenou "Percibal" basado en textos de Médez Ferrín, "cunha estética multidisciplinar, de mixtura de códigos no que a forza visual cobra especial importancia". Contou Roi Vidal a participación do pai no debate fundacional do Centro Dramático Galego en 1984 e o encargo que lle fan de montar a segunda producción. "Monta "Agasallo de sombras" -lembrou-, en que rompe o mito dunha Rosalía vista como a santiña, a chorona, o símbolo da nai patria. A súa recepción foi moi polémica, non só entre o poder senón para xente que estaba ao seu carón. Ao calo desa polémica fai unhas declaracións nas que pide que se independizara o CDG da consellería de Cultura de turno. O feito é que no seguinte espectáculo, a Dorotea Bárcena, como directora, se lle vetou a participación de Bolaño, orden da consellería antedita".

Éste foi un momento crucial da súa traxectoria, según o fillo, no que se da conta da forza que pode exercer o poder. Convoca unha asamblea de actores galegos e comproba que os seus mismos compañeiros de profesión están en desacordo con él. "Disa experiencia decepcionante nace "Caprice de Deux", na que él se sube ao escenario coa súa nariz de paiaso e conta a súa traxectoria con nomes e apelidos de xente como o mismo conselleiro. Despois montaría un segundo monólogo, "Sen ir más lonxe", en que o seu interlocutor é o apóstol Santiago, con críticas tamén ao poder".

Méndez Ferrín

O ex presidente da RAG falou do proceso da comunicación e o papel especial que xoga o teatro dentro do mismo. "Bolaño -dixo despois- irrompe no teatro dende diversos ángulos, pero primeiro como autor escribindo textos excepcionais. Non é só un autor teatral, é unha literatura teatral, embebida dun galego popular, ese galego das feiras, rico, natural, a lingüa de masas, sen deixar de ser culto".

falou do "contexto" , do que ocorre fora do teatro, que sempre está en Bolaño. "Esa é a razón -dixo- de que o seu sexa un teatro político, en rebeldía contra os que tiñan unha idea pauperista, do políticamente correcto. Trátase dunha figura impresindible para comprender a dimensión do teatro galego".

Ferrín falou de cómo coñeceu a Bolaño lendo "Laudamuco, señor de ningures" como xurado dun premio e sintiu no seu texto a Brecht, Valle Inclán, Arrabal... o teatro que lle gustaba revolto nunha soa obra. "Unha data para mín inolvidable porque aquel día deixei a ANPG. Alí empecei a miña relación con Bolaño".

Sociedad y Cultura

Johnny Depp, Charlie Sheen y Kevin Dillon
Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Los protagonistas de la cinta de Oliver Stone se reúnen en una fiesta que comparten en Instagram

Casi 250 personas han muerto ahogadas este año

El 81% de las víctimas han sido hombres - En lo que llevamos de julio ya han fallecido 36 personas

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

'Wonder Woman' es la primera en superar la barrera de los 100 millones en su estreno en EEUU

 
Enlaces recomendados: Premios Cine