A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) premiou onte ás mellores obras editadas en 2012 nunha gala celebrada no auditorio do Centro Ágora de A Coruña. "Morgana en Esmelle", de Begoña Caamaño, recibiu o premio de Narrativa; "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro", de Ramón Nicolás, de Ensaio, e "O corazón de Xúpiter", de Ledicia Costas, de Literatura Infanto-Xuvenil. Ramón Nicolás tamén foi recoñecido polo seu blog literario, e Ana Romaní recolleu o galardón dedicado ao xornalismo cultural. O premio de Teatro recaeu en Banqueiros; e os de Poesía, en "Boca da cobra", de Francisco Salinas Portugal, e "Os ángulos da brasa", de Manuel Álvarez Torneiro. Darío Xohán Cabana foi recoñecido pola súa tradución de "Cancioneiro, seguido dás rimas dispersas", de Petrarca.

A Asamblea de Socios da AELG tamén premiou a Manuela Cortizo Medal e Anxo Rivas Veiga co galardón de nova creación Mestres e Mestras da Memoria, que ten como obxectivo destacar a dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da cultura popular tradicional. O Premio Institucións, que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, foi para o asociacionismo cultural representado por aquelas entidades que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vi talidade e activismo cultural. O Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, foi otorgado á escritora lusa Lídia Jorge.