Para Avelino Pousa Antelo "galegos" eran aqueles que teñen como "divisa o engrandecemento da súa terra". O seu credo, pouco ortodoxo, comezaría por un "creo en Galicia". Dacordo con esa definición, Avelino, que finou onte de madrugada na súa casa tres meses despois de cumprir os 98 anos de idade e que pouco máis de medio ano aguantou sen a compaña do seu amigo Isaac, era un "galego", aínda que para el o "modelo" perfecto dese ideal anceiado era Castelao.

Foi o pai do "Sempre en Galiza" quen, 81 anos atrás, lle abrira os ollos nun mitin en Compostela e o deixara "marcado", como el mismo dicía, como "galeguista de por vida". Non en van, Avelino, "bo e xeneroso" oficialmente dende que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle outorgou o ben merecido titulo en 2004, presidiu a Fundación Castelao ata o día do seu pasamento e entre os seus logros atópase o primeiro congreso adicado á súa persoa despois de 50 anos de silencio ou a compilación da súa obra escrita.

Herdeiro de Nós

Convencido de que a Xeneración Nós fora do mellorciño que dera a terra galega ao mundo, Pousa Antelo herdou o seu espíritu, de xeito que a súa permanente "tarefa urxente", como sostiña nun dos moitos ensaios que escribiu, foi sempre Galicia. E para iso Pousa Antelo, que se consideraba a si mesmo como parte dunha "xeneración truncada" pola Guerra Civil, desdobrouse en docente, escritor, defensor do agrarismo ou paladín do galego €era presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística e unha das voces que máis alto soaba nas manifestacións de "Queremos galego"€. A súa presenza en actos reivindicativos da memoria e da xustiza foi continua, e entre os seus cargos non faltou o de ser presidente en Galicia da Fundación Galega contra a Impunidade durante un tempo.

Nos seus derradeiros anos, este galeguista nacido en 1914 en A Baña (A Coruña) adicouse con entusiasmo á promoción da cultura galega dende a Fundación Pedrón de Ouro, da que tamén era presidente de honra €foi a que deu a coñecer a nova do seu pasamento€; a Fundación Fernández Flórez, da que era vicepresidente, ou a Fundación Alexandre Bóveda, da que era membro, como tamén o foi do padroado do Museo do Pobo Galego.

E aínda tivo tempo de recibir unha manchea de recoñecimentos e homenaxes. Así, foi recoñecido como "mestre exemplar" pola Asociación Nova Escola Galega e recibiu, entre outros, a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago; a medalla de ouro da Asociación de Cooperativas de Galicia; o VII premio Ramón Piñeiro "Facer País" ou o galardón que leva o nome do seu inspirador, a Medalla Castelao, en 2006, que recolleu coa mesma emoción do científico que merece o Nobel.

A súa vocación galeguista reflexouse, dende moi novo, na súa incorporación ás "Mocidades Galeguistas" €brazo mozo do Partido Galeguista fundado en 1931€, onde fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 e compartiu ilusión con outros históricos como Francisco Fernández del Riego. En 1978 participou na refundación do Partido Galeguista, do que foi secretario xeral e presidente ata 1983, aínda que a súa esperanza non topou eco dabondo na sociedade.

Foi mestre de profesión. O feito de que a ditadura franquista suspendese as oposicións que no seu intre aprobara, fixo que se entregase con máis entusiasmo á formación en materia rural. En 1948 fíxose cargo da Escola Agrícola da Granxa de Barreiros, en Sarria (Lugo), que constituíu o xerme dos cursos de capacitación agraria en Galicia. A agricultura levaríao tamén a Tenerife, onde traballou como técnico agrícola do Laboratorio do Cabido Insular ou a Zaragoza, onde foi director dunha cooperativa gandeira. Non obstante, voltaría a Galicia, e ás aulas, en 1970, en Pontecesures, e xa non marcharía delas ata a súa xubilación, en 1983.

Hoxe ás sete da tarde, na casa consistorial de Teo, municipio que o nomeou fillo adoptivo en 2007, está organizado un acto cívico de despedida na súa honra. Non obstante, antes desa hora, tódolos que o desexen poden achegarse a renderlle homenaxe no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón do concello. Os máis madrugadores poden facelo dende as dez, tomando exemplo do finado, que foi dos primeiros en presentar os seus respetos no velorio do seu amigo Isaac Díaz Pardo. Aínda que seguramente a Avelino o que lle gustaría é que os máis novos o emulasen niso de ser "galego". Por iso, cando recibiu a Medalla Castelao, animounos a traballar "por unha terra máis libre, máis culta e máis dona do seu destino".

Xosé Luis méndez Ferrín, Pte. Real Academia Galega

"Su aportación al mundo de las cooperativas fue muy importante"

El presidente de la Academia Galega destaca especialmente la aportación que Pousa realizó en el mundo de las cooperativas: "Estaba muy preocupado por ellas y fue uno de los ideólogos de las cooperativas de la leche", apunta Ferrín, al tiempo que recuerda su enorme "servicio democrático y galleguista" y su labor pedagógica "tan especial" en los años 50.

Miguel Anxo Seixas, Vpte. 2º de la Fundación Castelao

"Hasta el último momento trabajó sobre nuevos proyectos"

Seixas alaba la gran labor que Pousa realizó en la Fundación Castelao durante los 23 años que la presidió. "Hasta ayer mismo siguió como capitán del barco dando instrucciones sobre los nuevos proyectos", asegura apenado. Seixas destaca de su persona "la lucha por la dignidad de las personas y contra las injusticias" y que "a pesar de las adversidades, nunca fue vengativo".

Martiño Noriega, Alcalde de Teo

"Era querido por todos y muy implicado en la vida del concello"

Hijo adoptivo de Teo, donde vivió casi 20 años, Pousa "era querido por todos ya que era fácil tenerle simpatía con su gran sentido del humor", apunta el alcalde de Teo, Martiño Noriega, Afirma que la muerte del intelectual es "gran pérdida" para este ayuntamiento coruñés "y para el país entero. Estaba muy implicado en la vida del concello y asistía a todos los actos culturales".

Mariló Candedo, Pta. Nova Escola Galega

"Fue pionero en el compromiso de la escuela con el medio rural"

Candedo define a Pousa como "irrepetible" por su faceta como maestro comprometido con el medio rural. "Fue pionero en plantear que la escuela debía ser funcional y adecuarse al medio donde se encuentra, tal y como hizo en la escuela Barreiro". "También promovió cursos agropecuarios para los maestros rurales, para que se comprometieran con el medio", añade.

Alfonso Paz Andrade, Vpte. 1º Fundación Castelao

"Ante todo era un luchador, inconforme con la Galicia que le tocó vivir"

Paz Andrade lamentaba ayer la muerte de Pousa: "Junto con Díaz Pardo y Xaime Isla, fallecidos este mismo año, eran los últimos históricos del galleguismo, cada uno con una postura distinta". Paz Andrade destaca a Avelino como "un luchador, incorforme con la Galicia que le tocó vivir y con un compromiso a ultranza hacia los viejos principios galleguistas".