EN DIRECTO

A medida do tempo

Automatismo e pensamento europeo. Descartes foi o gran representatne da corrente mecanicista.

 16:55  
Reloxo astronómico da catedral de Estrasburgo (Francia)
Reloxo astronómico da catedral de Estrasburgo (Francia) Carlos Carreter

JOAQUIM VENTURA As dúas coordenadas que tradicionalmente marcaron a vida humana foron tempo e mais espazo. Aparentemente, o primeiro é dinámico, mentres que o segundo é estático. Pero do mesmo xeito que o espazo foi medido ben axiña (agrimensión, vías de comunicación, propiedade urbana), a vida humana viviu condicionada polo ciclo natural do tempo: día e noite, estacións, frío e calor. Organizar racionalmente o paso do tempo foi un reto que os homes comezaron a superar co automatismo.

Cal foi a influencia da medida automática e autónoma do tempo na vida cotiá? Todo iso e tamén aqueloutra que tivo na formación do primeiro pensamento moderno vén ser explicada por Otto Mayr (Munich, 1930), quen foi director do Museo Alemán de Munich e do departamento de Historia da Ciencia e da Tecnoloxía da Smithsonian Institute de Washington, con erudición en Autoridade, libertade e maquinaria automática na primeira modernidade europea, que vén de publicar en castelán Acantilado.

Na Idade Media xa había un certo control do tempo (reloxos de sol de día, de auga polas noites). As ordes monásticas precisaban poder dispor dun mecanismo que vencellase o paso das horas ao aviso sonoro das campás para poder seguir o ciclo de oracións. De maneira converxente, a burguesía necesitaba poder organizar racionalmente uns horarios (citas, atención ao público). E daquela apareceron os primeiros reloxos mecánicos automáticos, grazas á incorporación dunha engranaxe e dun mecanismo de freo que producise un movemento continuo e uniforme. Daquela pasouse a pensar, entre día e noite, a organizar a xornada en dous ciclos de doce horas, con independencia do amencer e do solpor. Os reloxos públicos -como o da catedral de Estrasburgo- ou privados comezaron a impor a súa autoridade. No século XVI houbo unha explosión de mestres reloxeiros, se ben o artefacto era considerado máis elemento suntuario (polas figuras asociadas ao movemento mecánico) que instrumento utilitario.

Os reloxos pasaron a ter tres funcións: aparello de medición do tempo, autómata e representación mecánica do universo. E do mesmo xeito que os reloxos marcaban as horas polo miúdo, ben axiña se considerou o papel de Deus como gran reloxeiro do mundo. No campo das virtudes sociais, as cualidades do reloxo mecánico pasaron de simbolizar o ideal de cabaleiro (harmonía, mesura) ao modelo ético burgués (formalidade, puntualidade).

Na oposición entre maxia e mecánica, a filosofía do barroco baseou a preferencia pola segunda na frase do Libro da Sabedoría de Salomón que afirma que Deus regulou o mundo con medida, número e peso. Co paso á visión heliocéntrica proposta por Copérnico, os teólogos católicos atoparon na conciliación entre mecánica e fe unha explicación racional de Deus. René Descartes representou coma ninguén o corrente mecanicista. Leibniz, seguidor seu, considerou que a man de Deus tiña que estar, por forza, na harmonía prestabrecida dos organismos.

Con todo, ese determinismo chocou ben axiña cos defensores da liberdade e do libre albedrío, xa que logo, os enciclopedistas. Os filósofos ingleses non seguiron os postulados cartesianos e defenderon, en contra do automatismo mecanicista do reloxo, a virtude compensatoria da balanza: o equilibrio. E así, fronte ao poder real, o poder dos cidadáns. Unha das consecuencias da revolución iniciada por Cromwell foi -como teorizara Locke- a división de poderes. Valor supremo, o da liberdade, que pasou á doutrina de Adam Smith no campo da economía, en contra da regulación mercantilista. Teoría que daquela resultaba aínda máis chocante se consideramos a pervivencia do absolutismo nos estados europeos continentais.

  HEMEROTECA

Gastronomía


Minipizzas.
Minipizzas.

Minipizzas

Aprende cómo elaborar este divertido plato perfecto para los más peques de la casa

Fondue de champiñones y ave.

Fondue de champiñones y ave

Deslumbra a tu familia con este delicioso e innovador plato

Bacalao a la moderna.

Bacalao a la moderna

El bacalao es uno de los pescados más sabrosos, descubre como prepara esta especialidad

Torta de arroz.

Torta de arroz

Aprende de una manera fácil y rápida cómo se prepara esta innovadora receta

Fetuccini a la crema.

Fetuccini a la crema

Descubre cómo preparar este plato en pocos minutos y de una manera sencilla

Champiñones a la plancha.

Champiñones a la plancha

Este plato, delicioso y fácil de preparar, es perfecto para los días de calor

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009