FARO homenaxea a Paz-Andrade cunha colección de carteis e un libro biográfico

Entrega os 50 carteis mañá de xeito gratuíto

 08:05  

REDACCIÓN - VIGO FARO DE VIGO únese mañá á celebración do Día das Letras Galegas e faino ofrecendo ao lector unha magnífica colección de cincuenta carteis realizados por deseñadores e escritores sobre cada un dos autores homenaxeados nesta fecha;un libro sobre a vida de Valentín Paz-Andrade e o seu reflexo nas páxinas do xornal e un número especial do suplemento FARO DA CULTURA adicado ao escritor.
Así, o diario decano entregará mañá, por só 2,95 euros, o libro "Paz-Andrade e Faro de Vigo. Galicia ante todo", unha biografía moi especial escrita por Ceferino de Blas. "Nel pódese rastrexar a vida do protagonista dende a súa primeira aparición pública, no ano 1919, cando intervén na II Asemblea de Irmandades da Fala, en Santiago, ata o seu adeus en 1987," describe o autor.
Ademais, de xeito totalmente gratuíto, os lectores de FARO recibirán tamén mañá co xornal unha colección de cincuenta carteis realizados polo mesmo número de deseñadores gráficos e escritores. Por primeira vez uníronse profesionais, institucións, empresas e asociacións para celebrar o 50 aniversario da conmemoración das Letras Galegas coa creación dunha colección de carteis adicada a cada un dos homenaxeados.
Esta iniciativa conxunta non remata eiquí, senón que as once entidades profesionais implicadas imprimirán outros 50.000 exemplares que se entregarán a bibliotecas, librarías, asociacións e centros de ensino, o que posibilita que se poidan celebrar 1.000 posibles exposicións. Participan nestes carteis, imprimidos en papel de alta calidade, escritores como Miro Villar, Rosa Aneiros, María Xosé Queizán e Luis González Tosar e deseñadores como Raquel Boo, Pancho Lapeña e José Antonio Pérez Gil, entre outros.
Por último, o suplemento FARO DA CULTURA adicará mañá a súa edición a Valentín Paz-Andrade. Abre o especial un artigo de Margarita Ledo sobre o papel do autor no Diario Galicia. Outras reportaxes mostran ao lector diversos aspectos do homenaxeado como o papel cidadán de Paz-Andrade, os seus libros de poesía inéditos, a súa experiencia americana ou a Galicia que o homenaxeado se atopou cando era novo.

  HEMEROTECA

Gastronomía


Imagen de una edición anterior de la Festa do Año ó Espeto de Loimil.  // Bernabé / Luismy

Loimil celebra el 3 de junio su X Festa do Año ó Espeto con Varela como pregonero

El pregón del presidente de Fillos e Amigos da Estrada seguirá a la celebración religiosa y...

El ejemplar de rodaballo, en todo su esplendor y a la espera de ser cocinado.

Rodaballo busca paellera

La lonja de O Corgo vende un ejemplar de más de 9 kilos

Pulpo al ajoarriero.

Pulpo al ajoarriero

El pulpo es uno de los alimentos más apreciados de la gastronomía española, descubre cómo se...

Calamares con albahaca.

Wok, sinónimo de comida sana

Te presentamos un menú perfecto para elaborar en pocos minutos

Canelones con carne.

Canelones con carne

Aprende cómo se elabora esta rica receta. Muy fácil de preparar, es una elección perfecta para...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya