O académico galeguista Xosé Luis Franco Grande foi nomeado onte Fillo Predilecto do Concello de Tomiño nun acto no que asistiron personalidades do mundo da cultura galega, veciños do municipio e alcaldes da zona. Franco Grande naceu en Tebra no ano 1936 e onte facía a reflexión sobre a importancia dese feito "a infancia é a nosa verdadera patria. Nos condiciona para toda a nosa vida. Todos somos feitío do noso tempo".

Autor do Diccionario Galego-Castelá da Editorial Galaxia e de libros de poemas como "Entre o si e o non", Franco Grande seguíu ó pe da letra o nombre que se deu ó acto: "Un mar de palabras". De feito, para o homenaxeado "sin palabra, non hai mundo", afirmou durante a súa intervención, que foi unha apaixoada defensa da lingua galega.

Nese senso, falou da "colonización da mente que é tan destructiva, porque o colonizado acaba amando ó seu colonizador, cando falamos a lingua que non é a nosa", dixo. Referiuse a outros países que facían o posible para afirmar a súa personalidade, mentres nos acatábamos". O intelectual homenaxeado opina que "o noso orgullo e a dignidade deben comenzar por eses valores, sen eles non se pode crear. Cando falamos dun país con baixa autoestima, falamos dun país fracasado", afirmou, para de seguido citar motivos de estar orgulloso "como a cociña do Baixo Niño que hai que rescatar, a cultura, os creadores, pintores, escultores, escritores.... é para mi un orgullo".

Citou como exemplo de persoeiro de relevancia a Miguel Blanco de Sea, quen no século XVII anticipouse á Ilustración, cunhas ideas clarísimas sobre a propiedade e o rendemento dos cartos. "Un home extraordinario e adiantado que podría discutir con Voltaire", comentou.

Franco Grande adicou unha parte do seu discurso a sentar cátedra opinando que "a política debe servir para abrir os ollos da sociedade aos problemas".

Falou dos tempos que lle tocaron vivir e que, según a súa experiencia, "o que máis doe é un país sen orgullo, que non nos permite crear nada, porque para crear hai que creer", outra das súas máximas que citou varias veces no seu discurso.

Unha gran ovación de varios minutos, acolleu a súas verbas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, abriu o seu turno de palabra afirmando que a memoria histórica é unha das nosas eivas. "O noso protagonista é moi merecente desta modesta homenaxe que de xeito agarimoso lle facemos dende o Concello que o viu nacer". Nomeou a dúas personas que non poden acompañar a Franco Grande nesa xornada especial: don Isaac Díaz Pardo e a muller do homenaxeado, Marian Barreiro.

Falou do papel do Concello no concepto de país e a necesidade de asentar nos municipios unha sólida base democrática, de construcción nacional, "de todos aqueles que defendemos unha Galiza coa súa lingua". Aproveitou para "reivindicar o papel deles no artellamento do país, significando comenzar a construcción do edificio colectivo polos cementos, achegando ao cidadá unha sólida base democrática e participativa que soporte o peso de Galiza que todos queremos que sexa o noso país".

Agarimosas mensaxes chegaron a Franco Grande de amigos, como Ian Gibson, Neira Vilas... mentres as imaxes das súas caras se proxectaban na pantalla do Auditorio, onde celebrouse esta efeméride cultural na que participaron, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Teresa Conde-Pumpido, Carlos Varela García e X.M. Beiras.