Galaxia traduce ó galego as obras de dúas das autoras máis innovadoras da escena teatral británica

Os lectores poden xa disfrutar da obra dramática das escritoras Sarah Kane e Caryl Churchill

 07:50  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

M. MATO - VIGO Cate ten 21 anos de idade e, négase, nun principio a manter relacións sexuais; Ian, vai polos 45,e intenta facerlle mudar de idea. Os dous vense no cuarto dun hotel onde cada un se descubrirá. Desta situación, parte Derruba de Sarah Kane, unha das autoras británicas contemporáneas de maior aceptación entre o público inglés. A peza recóllese na Obra dramática completa. Sarah Kane, un dos últimos libros editados por Galaxia na colección da Biblioteca da Escola Dramática de Galicia (ESAD).
A antoloxía foi presentada onte na Escola onde o director da mesma e tradutor do libro ó galego, Manuel Vieites, destacou "a importancia de traer ó galego a obra desta autora" innovadora, representada abondo sobre as táboas dos teatros lusos.
A segunda obra da colección da ESAD que se presentou onte foi Catro pezas de Caryl Churchill, outra autora teatral británica destacada. Respecto de ámbalas dúas traducións, Vieites sinalou que "é importante para unha cultura como a galega ir directamente ás fontes, sen pasar por intermediarios", en alusión a ter como referencia os textos traducidos doutras linguas.
No acto de presentación, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, apalabrou a súa "intención de seguir apoiando a colección" de libros teatrais en colaboración coa ESAD; mentres que o director de Galaxia, Víctor Freixanes, sinalou que "é un luxo que os lectores e amantes do teatro teñan estes dous textos" en galego.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
90%
No 10%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009