“Cando escribe en términos políticos é o o más radical dos poetas gaegos do século XX”, dixo onte Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega. Xunto a el, no Club Faro, Carmen Blanco, profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago, Branca Novoneyra, bailarina e coreógrafa e Manuel Bragado, director de Xerais de Galicia, que exerxceu de presentador e moderador no acto que, baixo o título de “Novoneyra, o poeta do Caurel”, sirviu de conmemoración do Día das Letras Galegas 2010.

Un acto que gozou da virtude da brevidade por parte de cada uns dos ponentes e, ao tempo, da inmensidade explicativa no seu dicir. Bragado puxo en primero lugar ao poeta no seu contexto: “Falamos do poeta -afirmou- dos eidos do Courel , un dos grandes nomes da poesía galega. Desde a publicación en 1955 do seu libro “Os eidos”, a obra do poeta camiñante converteuse nun punto de referencia indiscutible da literatuta galega da segunda metade do século XX”.

Para Bragado, “a merecidísima e unánime homenaxe que Novoneyra recibe este ano 17 de maio, case once anos despois do seu pasamento na súa amada Compostela, constitúe unha magnífica oportunidades para revisitar unha obra poética intensa e renovadora, nacida das reiceiras chantadas na terra de quen se consideraba apenas un labrego da palabra”.

Falou en primeiro lugar a súa filla, Branca, que dixo que foron moitos os proxectos que naceron sobre Novoneyra neste ano, “ano de inundación da alta palabra de Uxío sobre terras de Galicia. Só uns poucos meses para reeditar, despois de dez anos de silencio institucional e cultural”.

Suliñou Branca que estes “foron meses para separar a súa palabra do poder, do que sempre se arredou, dos que o silenciaron, dos que intentaron descontextualizalo, reducir o seu significado e acalar a súa voz. Pero eles non saben que a palabra dos poetas sempre queda ó fondo, na memoria de todos, na memoria dos pobos”.

Carmen Blanco comenzou lendo un poema de Novoneyra para significar cómo eses versos deixaban ver “o Novoneyra esencial poeta courelao, o Novoneyra orgulloso sempre da súa terra de nacemento ao mundo e sentíndose sempre ser da serra, ser das altas terras do Courel”.

“Tal como se presenta nos seus “Soños teimosos” -engadiu- Novoneyra é un poeta resistente da deteila da Terra, iluminada pola loaira da Lingua. Poeta da teima repetida da Terra e da luz lóstrego da Lingua. Terra e Lingua dos seus soños”.

Para Carmen Blanco, Novoneyra é o poeta da Deteila pero tamén da Loaira, do seguir “sen más guía nin norte” a luz do sol do seu propio pensamento, “un sol loairo, que só brilla ás veces”. Afirma a profesora e autora de moitos ensaios que é un poeta que di que “residimos tanto na Lingua como na Terra. “Unha Terra que para el é Natureza e Patria e unha Lingua que é Pauta e Trazo (as maiúsculas son dela)”.

O poeta é para ela “un cantor total, de alto lirismo e profunda perfección formal, tanto na poesía inmóbil, minimalista, concentrada e de poucas palabras, como na poesía móbil, aberta, de máis palabras, caligráfica, tipográfica e xestual... É un poeta profundamente claro e sinxelo, a un tempo íntimo e para toda a xente, cantor da autenticidade cunha poesía que só fala do sentido e vivido”.

Méndez Ferrín

Entre o público estaban en primeira fila poetas como Claudio Rodríguez Fer xunto á concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso. Foi o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, quen pechou o turno da palabra cunha intervención na que non faltaron lecturas dos seus versos, chea de viveza e sentimento sobre o courelao. ”Producíase en forma poética pero non debe ser considerado somentes como iso porque era tamén un grande home activo e pensante no seo do povo galego. Un Novoneyra que lía a Heidegger e defendía a causa comunista na guerra de Vietnam. O que pisaba as rúa de Madrid cando pasou por alí e miraba a miseria dos traballadores”, dixo.

Para Ferrín é un poeta múltiple, necesariamente ambiguo que non lle fala igoal a todos, ten mesaxes cifradas para as máis variadas mentalidades. “Está nel -dixo- o mundo primitivo, o bosco aínda que se chame devesa, ou sexa o primixenio pero tamén o telurismo, ou o poeta felizmente ateo”.

Para o escritor foi un home que estivo no combate contra o fascismo, como Paul Eluard. Na súa opinión, sendo popular nunca foi coloquial, sendo un poeta da sinceridade, nunca foi da experiencia. “Foi un poeta colosal e persoa extraordinaria; atravesou a segunda metade do século XX en Galicia como un meteoro. Ninguén que en Galicia se interesara polo idioma ou o destiño da nación, podía non coñocer a Novoneyra. Hai varios Novoneyras pero todos son ún; ese é o misterio dos grandes poetas”.

Méndez Ferrín advirtiu contra os que consideran ao do Caurel non demasiado culto: “Foi unha das personas -afirmou- das que eu coñocín que lía máis textos poéticos. Era, certamente, un poeta da terra do Courel, dos seus eidos nativos, pero tamén de toda a patria ata o punto de que consiguiu facer do Courel un símbolo da nación galega”.

Rematada

Da súa obra falara antes a filla, Branca Novoneyra. “Dende fai un ano -dixo- revisito ese inmenso e único libro que é a súa obra. Descubro o cambio que o tempo opera na miña mirada e ollo emocionada a súa intensa e obsesiva dedicación á poesía. é ó fin comprendo cal é o significado de estar secuestrado pola Lingua, secuestrado por Galicia”.

Branca considera que a obra de Uxío é unha obra totalmente rematada porque según ela publicou en vida todo o que quixo. “Eso fixo dos inéditos -sinalou- unha necesidade marxinal para contextualizala. Mais celebramos todos os estudos que aportaron novas teses evitando os reduccionismos que implicou unha obra como “Os Eidos”.

“Novoneyra -dixera antes Carmen Blanco- é home dos cumes. cantor coa arte sexuada da memoria antiga do Courel na súa “Poesía da Gadaña”... por máis que tamén é poeta da cidade, das cidades de Madrid, Lugo e Compostela, onde morre levando O Courel consigo”.