Raphael ofrece hoxe un concerto solidario en Vigo cun repaso a 50 anos sobre o escenario

O cantante actúa no Centro Cultural Caixanova ás 21 horas

 06:30  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN - VIGO O cantante Raphael festexa hoxe en Vigo o seu medio século de carreira musical coa súa xira "50 años después", nun concerto solidario a beneficio da asociación local AFAN (Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado), que colabora con persoas que se atopan nunha situación económica e social precaria ou de desamparo. O concerto comezará ás 21.00 horas no Centro Cultural Caixanova de Vigo e o prezo das localidades, que se poden adquirir na web www.servinova.com, oscila entre os 20 e os 40 euros. Asemade, abriuse unha Fila cero na que as persoas que non asistan ao recital poidan deixar o seu donativo para esta causa, abonando unha entrada simbólica de 20 euros.
Nesta actuación, promovida por Xacobeo 2010 e a Fundación Porto de Vigo, Raphael repasa cun espectáculo íntimo e teatral os seus grandes éxitos, acompañando a súa voz unicamente polo piano de Juan Esteban Cuacci.
O cantante chega á cidade olívica para ofrecer este concerto benéfico despois de visitar algúns dos máis afamados teatros do mundo. Tras pasar por Nova York, Buenos Aires, Lima, Moscova, París ou Madrid, entre outras grandes capitais, a súa xira "50 años" después recala en Galicia con motivo do Ano Santo. A Vigo chega tras actuar, os días 23 e 24 de abril, no Teatro Colón de A Coruña, obtendo un grande éxito de público.
Causa solidaria
Os fondos recadados no concerto de hoxe irán destinados á asociación sen ánimo de lucro AFAN, que presta axuda e recursos ás persoas máis desfavorecidas da cidade. A labor desinteresada da asociación recibiu o Premio ao Voluntariado de Vigo e a súa presidenta, Hortensia González Fernández, foi nomeada Viguesa Distinguida.
A estas causas solidarias súmase agora o afamado artista Raphael, cun concerto no que a voz do intérprete de temas xa clásicos no panorama musical español, como "Escándalo" ou "Como yo te amo", estará acompañada unicamente polo piano de Juan Esteban Cuacci, co que fará un repaso dos temas que marcaron toda a súa carreira profesional ao longo dos seus 50 anos sobre o escenario.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009