Un novo xeito de vivi-la ruta ás portas do Xacobeo

O xurado de Premios da Crítica plasma nun libro o seu "Camiño do Cebreiro a Santiago"

 06:30  

MAR MATO / VIGO "O Camiño de Santiago é baixar do tren da présa, do frenesí dos horarios que non coñecen unidades de tempo superiores ó segundo e ó minuto, da urxencia de mandar un correo electrónico cunha información vital". O Camiño do Cebreiro a Santiago, unha das últimas obras editadas por Ir Indo, recolle esta reflexión de Xesús Ferro, quen xunto ó pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, os autores Alfredo Conde, Basilio Losada ou Luis García Mañá, e outras case 20 persoas máis, realizaron meses atrás a ruta xacobea, verquendo agora en imaxes, textos e debuxos a súa andaina.
Cinco xornadas con punto de partida no Cebreiro; e chegada, na Quintana. Precisamente, ámbolos dous puntos e momentos, o máis "emotivo" da experiencia, segundo Antonio Pulido, quen nunca antes realizara o Camiño. "Foi emotivo estar no Cebreiro porque foi onde nos xuntamos pero tamén a chegada á Quintana. Daba a impresión que era a primeira vez que a vías, como se nunca estiveras antes alí", explicaba onte o artista plástico durante a presentación en Vigo do libro, subtitulado "Sufrir é malo, pero ter sufrido é bo".
Fronte á estrea na ruta de Pulido, un experto na vía compostelana, o autor de Xa vai o grifón no vento e Los otros días. Alfredo Conde, quen realizara anos atrás tódalas rutas xacobeas para un programa de televisión, indicou que a experiencia que recolle o libro de Ir Indo "é entrañable".
Deses cinco días de viaxe, Conde lembrou especialmente o momento no que lle deixaron toca-lo bombo, que quedou gravado para a posteridade nunha foto. "Eu sempre quixera desde neno toca-lo bombo pero nunca puiden ata ese día e paseino en grande", recordaba onte a uns minutos de que todo o grupo se reunira para a foto de familia e logo marchara comer un bo cocido, soñando xa coa próxima peregrinación, o Camiño de Santiago desde Fisterra.
En chegando a este punto, unha pregunta é obrigada ó mago-artífice da iniciativa, Bieito Ledo. "A idea xurdiu no ano 1992 para celebra-los 15 primeiros anos dos Premios da Crítica. Naquel ano, propúxose face-lo Camiño sen importa-la diversidade ideolóxica de quen o camiñaba e coa condición de que se levaran ben consigo mesmos", respondeu Ledo.
Dende o 1992, ata agora, mudaron diversas circunstancias e xentes no proxecto. Na primeira andaina, ningunha muller participara, desta, varias. Ademais, nesta segunda ruta, non se contou coa presenza do escritor Carlos Casares. Sen embargo, na obra de Ir Indo, nun dos capítulos, o xornalista Xosé Luís Blanco Campaña, quen tivo unha lembranza para Casares recordándoo como "a alma mater daquelas increíbles veladas nocturnas da primeira camiñata do Cebreiro a Compostela.
Para que os que non vivimos estes momentos os fagamos nosos, Ir Indo editará O Camiño do Cebreiro a Santiago en varios idiomas co fin de que sexa vendido nas librerías e no Cebreiro para axuda ós peregrinos no vindeiro Ano Santo. A obra non só narra a aventura duns amigos senón a descripción da ruta, da súas xentes.

  HEMEROTECA

Gastronomía


Un menú para el fin de semana.

Este fin de semana, disfruta cocinando

Te presentamos un menú nutritivo, rico y fácil de preparar, perfecto para todas las edades

Guisantes con carne.

Guisantes con carne

Este delicioso plato se prepara en pocos minutos y es perfecto para días de calor

Una propuesta a base de salmón preparada por un restaurante local.  // Bernabé/Luismy

En el plato, a cuerpo de rey

El salmón reinará el domingo en múltiples propuestas culinarias

Imagen de una edición anterior de la Festa do Año ó Espeto de Loimil.  // Bernabé / Luismy

Loimil celebra el 3 de junio su X Festa do Año ó Espeto con Varela como pregonero

El pregón del presidente de Fillos e Amigos da Estrada seguirá a la celebración religiosa y...

El ejemplar de rodaballo, en todo su esplendor y a la espera de ser cocinado.

Rodaballo busca paellera

La lonja de O Corgo vende un ejemplar de más de 9 kilos

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya