A Asociación de Estudos Galegos propón reduci-lo número de centros

A petición oíuse no Simposio Ecolingua onde debatiron as plataformas Galicia Bilingüe, Prolingua e Queremos Galego

 01:32  

M.MATO - VIGO O presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, o inglés Craig Patterson, propuxo onte en Vigo, no marco do Simposio Ecolingua, reduci-lo número de centros de Estudos Galegos no estranxeiro (actualmente, uns 50) de maneira que se conservaran aqueles que presentaran unha aposta pola lingua e cultura galega máis forte, co fin de fortalecelos máis.

Co peche dalgúns centros, irían "fomentando os centros más fortes" para, a longo prazo, artellar unha rede de centros maior. Craig Patterson aproveitou para demandar tamén un cambio no enfoque da política de axudas á edición de libros. Segundo o seu punto de vista, a Administración autonómica "debería subvencionar máis a promoción cá edicion de obras".

Patterson realizou estas declaracións na última mesa do Simposio na que tamén interviron o escritor Suso de Toro, Iván Area Carracedo, da Universidade de Vigo e Xulián Maure. Este último, da Asociación Galega de Traductores, recoñeceu que "a situación do galego non é a mellor".

Ó seu xuízo, o principal problema é a difusión dos traballos a través de internet e de forma gratuíta. Sinalou que "nós perdímo-lo tren da imprenta e agora, estamos perdendo o tren do futuro", en alusión á falta da dixitalización gratuita de milleiros de libros en galego.

Na mesa anterior, a organización xuntara a membros de Prolingua, Queremos Galego, Cambia Galicia o Galego-Patrimonio da Humamide nun debate. Neste, o resentante de Galicia Bilingüe José Luis Mato avogou polo "respeto á lingua materna" de maneira que as materias troncais para os estudantes sexan impartidas na lingua materna ata que os mozos teñan competencia lingüística plena.

Xabier Docampo, de Prolingua, criticou que Galicia Bilingüe foi creada para "desmantela-los tibios avances do galego". Respecto da imposición do galego que critican, Docampo sinalou que era "unha mentira".

Fran Rei, de plataforma Queremos Galego, apuntou que na actualidade "hai unha base social que quere o galego e que está disposta a mobilizarse na súa defensa".

  HEMEROTECA
El historietista e ilustrador Mauro Entrialgo, autor de personajes clásicos del cómic español como Tyrex, Ángel Sefija, El demonio rojo y Herminio Bolaextra, conversa con nuestros lectores el próximo lunes 7 de mayo a las 12:00 horas.Envía tu pregunta »

Gastronomía


Cocina rápida.

Un menú sano y apetitoso, en pocos minutos

Te presentamos un menú de rápida elaboración, perfecto para las personas con poco tiempo para...

Cazuelita de rape y langostinos.

Cazuelita de rape y langostinos

Aprende cómo se prepara este delicioso plato

Crema helada de yogur.

Crema helada de yogur

Aprende de una manera rapida y sencilla como se prepara este postre tan proteico y energético...

Tallarines con nueces.

Tallarines con nueces

Conseguir el punto exacto de cocción de la pasta no es tarea fácil. El tiempo necesario varía en...

Miembros de la cooperativa de percebeiros de Oia, O Rosal y A Guarda.  // J. Lores

Premio europeo para el percebe a domicilio

La cooperativa A Percebería de venta por internet logra una subvención de la UE del 60% de su...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya