|
|
|
HEMEROTECA » |
|
REDACCIÓN - VIGO
A Televisión de Galicia presentou onte a súa programación de outono, na que realiza unha forte aposta pola información e a produción propia, segundo deu a coñecer a directora da TVG, Rosa Vilas. A grella, que se pon en marcha a partir deste luns, acollerá novos contidos, desde series de ficción a espazos de actualidade e deportivos, que se mesturan coa renovación dos programas máis apreciados polos telespectadores galegos. Fontes da TVG confirmaron que “no está previsto” que Xosé Ramón Piñeiro colabore en “ningún programa”.
No acto, no que Rosa Vilas estivo acompañada da directora de Informativos, Pilar Bermúdez; e do director de Programación, Fernando Madriñán, sinalouse que a programación busca unha marcada personalidade, na que os espazos televisivos sexan percibidos entre o público como algo próximo e propio. Isto reflíctese no feito de que aproximadamente o 50% da nova grella de cada día procederá da produción propia e outro 20% procederá do sector audiovisual de Galicia, dentro dunha oferta orientada na súa integridade cara aos intereses e as preferencias dos galegos.
A TVG fará unha indiscutible aposta polos contidos informativos, comezando polo contedor Bos Días, que desde a primeira hora pretende ser a testemuña de todo o que acontece cada xornada en Galicia, con conexións en directo, entrevistas, convidados, etcétera.
Desde el darase paso aos noticieiros líderes de audiencia Galicia Noticias e Telexornal Mediodía, o que representa unha suma superior ás sete horas continuas de seguimento da actualidade.
Novidades
Entre as novidades máis salientables da temporada, atópanse a serie de ficción O Nordés, sobre xornalistas e que se estrea o vindeiro xoves; o programa Made in Galicia, onde inmigrantes aprenden un oficio tradicional galego, e que comeza o martes; a serie A miña famosa familia, o sábado, dedicada a coñecer ou mesmo descubrir descendentes de persoas famosas, e a telenovela Coidado co Anxo.
No terreo deportivo xa se puxo en marcha Zona Champions, que este mércores ofrece o encontro Inter de Milán–Barcelona.
Outros espazos que comezan nos próximos días son o programa de debate Foro Aberto, que substituirá a Hai debate!, os luns a partir do día 21; e Land Rober, un show a cargo de Roberto Vilar (Tonecho) que se emitirá os sábados, o mesmo que Reporteiros, programa específico de reportaxes feito por profesionais da TVG. Tamén se está a preparar un magazine de produción propia para as tardes de luns a venres.
Continúan no prime time algunhas ofertas consolidadas, como Botarse ó monte, Padre Casares, Alalá, Matalobos, Larpeiros, Vivir aquí, Luar, Zapping comando, Criaturas, Libro de familia e a serie Gondar. A cultura e a lingua manteñen a súa presencia en programas como Libro aberto, Planeta cine, Miraxes, Onda curta e Sempre clásica.
|
|
"Lo que yo opino de la lista de ´Restaurant´ lo piensan muchos otros cocineros, pero tienen miedo...
Xosé Ramón Gayoso elogia al cefalópodo ante miles de comensales en Redondela
Te enseñamos cómo elaborar este rico plato, su preparación es sencilla y rápida, lo que supone una...
Los romeros cantaron con el pregonero, Vitor Luis, la letra de "A Rianxeira"
El salmón, como todos los pescados, permite innovar a la hora de cocinarlo
Sorprende a tu familia y aprende de una manera sencilla cómo se prepara una exquisita tortilla...
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||