Meteorología

O tempo de Pemán, na Rede

Santiago ten unha web na que fai as súas predicións e atende as consultas dos usuarios

 07:57  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
"O home do tempo", Pemán,  

Hai xa catro anos que deixou de presentar o parte do tempo no telexornal da Televisión de Galicia. Agora fai a información sobre a mar de madrugada, e os venres fala cos oíntes na radio. E para os que botan de menos o seu "boas noites e ata mañá", Santiago Pemán tamén ten unha páxina en internet, www.santiagopeman.com, na que fala do tempo, pero tamén de comida, da lúa ou do calendario, entre outros temas de interese para os usuarios.

P. MERA - A CORUÑA Hai xa catro anos que deixou de ser a cara visible da información meteorolóxica máis seguida na televisión galega, pero Santiago Pemán non está, nin moito menos, retirado. Segue presentando partes na TVG, aínda que de madrugada e especializados na mar, unha vez á semana atende as preguntas dos oíntes na Radio Galega e, desde hai pouco máis dun ano, tamén está dispoñible en internet. "Quería seguir en contacto directo coa xente, e tamén aproveitar os meus coñecementos para espallalos e compartilos", recorda Pemán desde Santiago.
Así foi como se lle ocorreu, en marzo de 2008, crear unha páxina web, www.santiagopeman.com, na que o home do tempo máis famoso de Galicia fai as súas propias predicións meteorolóxicas, responde ás dúbidas dos internautas, explica o funcionamento dos calendarios lunares ou das témporas, dá consellos sobre os cultivos e recompila efemérides e refráns relacionados co tempo. Mesmo hai receitas de cociña, guías de festas e turismo e recomendacións literarias.
"O tempo dá para falar de todo", alega Pemán, que se confesa "encantado" co seu novo proxecto no ciberespazo. Unha das seccións da web que ten máis éxito é a das consultas personalizadas. Cada día, Pemán recibe no seu enderezo electrónico "entre oito e dez" preguntas sobre o tempo que vai facer o día dun casamento ou durante as vacacións dos internautas, que tamén é habitual que pregunten polo tempo que vai facer para planificar as obras na casa ou a colleita.
"Escribe moita xente do campo para saber, por exemplo, cando poderán ensilar. Tamén preguntan moitos moteros, que están moi organizados por internet", di Pemán, consciente da importancia que a meteoroloxía ten na vida de algúns "Os agricultores queren saber se vai vir un verán bo ou malo, porque en función diso alugan máis ou menos cisternas para o rego, que é todo un investimento", explica Pemán, que tamén leva sorpresas coa web. "Un día escribíronme desde Lugo para saber polo tempo que ía facer porque querían plantar ¡60 hectáreas de cebola!. Nunca pensei que en Galicia pudiera haber plantacións de cebola de 60 hectáreas", engade.
A web está tendo moito éxito, pois conta con case 3.000 visitas diarias, "aínda que a media se dispara cando hai avisos de temporal". Preguntado sobre o tempo que vai facer no que queda de verán, Pemán resolve que será neste mes cando os galegos poderán desfrutar de varios días de sol seguidos. A predición de Pemán coincide coa das témporas, un sistema sen rigor científico pero bastante popular no rural galego que consiste en predicir o tempo que vai facer durante tres meses baseándose no tempo que fixo en tres noites concretas do ano. O calendario lunar tamén é outra das paixóns do home do tempo e que tamén inclúe na súa páxina.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009