Comunicación

A Televisión de Galicia prepara "Última hora", unha nova serie sobre xornalistas

Os exteriores da ficción, que se estreará coa nova temporada da canle, reflexan a actividade da cidade de Vigo

 01:07  
Un fotograma da nova serie da Televisión de Galicia.
Un fotograma da nova serie da Televisión de Galicia.  

A. SAÁ - VIGO A nova aposta da Televisión de Galicia chámase “Última hora”, está rodada maiormente nos exteriores de Vigo e ten como trama central a actualidade política, económica e social contada a través dos xornalistas que traballan no diario “O nordés”. O director desta nova ficción semanal que se estreará na nova temporada da Galega é Alfonso Zarauza.
Entre os seus protagonistas atópanse os actores Xosé Manuel Olveira “Pico”, Monti Castiñeiras, Mabel Rivera, Belén Constenla, Ledicia Sola e Evaristo Calvo, entre outros.
A serie comeza coa morte do editor do xornal. Tras o seu falecemento, a viúva deste terase que facer cargo do medio e atoparase con todas as dificultades propias dun xornal, entre outras co interese dun empresario cun pasado escuro por facerse co diario.
Xosé Manuel Olveira “Pico” encarna ao director do xornal “O nordés”, un diario independente integramente escrito en galego. “O meu personaxe é un home serio, pero tamén con certo sentido do humor. Fai o papel de pai na redacción porque se preocupa polos xornalistas e porque lles ensina a través da súa experiencia que camiño deben seguir para a cobertura dalgunhas noticias”, sinala o actor.
“Última hora” é unha serie moi realista que recurre en ocasións a toques de comedia e drama. “Aínda que xa se fixeron ficcións de xornalistas, esta está enfocada dende outro punto de vista e toca temas moi actuais, como a crise económica, a folga do metal ou a prostitución”, explica Olveira.

Reflexo de Vigo

A cidade de Vigo serviu como escenario para os exteriores. “A maior parte das series están gravadas na Coruña ou en Santiago, pero reflexa Vigo dunha maneira fantástica”, afirma.
A primeira temporada de “Última hora” rematou de gravarse hai uns días despois de tres meses de traballo. O resultado son 13 capítulos de 50 minutos que se emitirán semanalmente. “Ten todos os ingredientes para ser un éxito polo seu carácter realista, pero isto das audiencias é un misterio”, recoñece Xosé Manuel Olveira.

  HEMEROTECA
El historietista e ilustrador, autor de clásicos del como Herminio Bolaextra y Ángel Sefija, ha conversado con nuestros lectores.Consulta el encuentro completo »

Gastronomía


Bocadillo de beicon con pimientos.
Bocadillo de beicon con pimientos.

Aprende cómo hacer el mejor bocata

Te enseñamos cómo preparar de manera sencilla este delicioso bocata: Beicon con pimientos

Cocinar con el microondas.

Cocinar con el microondas

Te enseñamos como prepara rápida y cómodamente unos ´espaguetis con mejillones´, un ´asado de...

Un menú mediterráneo.

Un menú mediterráneo

La cocina mediterránea nos habla de alimentos, de materias primas y de técnicas culinarias según...

Para el calor, ensaladas.

Para el calor, ensaladas

Pueden presentarse con numerosas variantes, incluyendo verduras, o añadiendo jamón...

Las carabelas, con comida para 15 meses

La despensa de las tres carabelas de Colón

En la Santa María, la Pinta y la Niña no había menú degustación de doce platos, ni diseño ni...

Detalle de 'Vieja friendo huevos', de Velázquez

Descubrimiento del huevo frito de diseño

¿Qué fue antes, el huevo frito del cuadro de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, o la gallina. A...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya