|
|
|
HEMEROTECA » |
|
REDACCIÓN - VIGO
O 13 de xaneiro de 1998 de madrugada, ventos de ata 140 quilómetros azoutaron as costas galegas. O "Discoverer Enterprise", cualificado segundo os expertos como a maior plataforma móbil do mundo, non foi capaz de aturar o temporal e liberouse dos peiraos da factoría Astano, quedando á deriva na ría de Ferrol. O violento temporal que os servizos meteorolóxicos non deron previsto puido máis que as fortes amarras de seguridade coas que o barco estaba preso ao porto, tal que a enorme masa do Discoverer comezou a desprazarse ata quedar encaixado no medio da ponte das Pías, chegando a percorrer case un quilómetro de distancia. Gonzo levará hoxe os espectadores a partir das 00.30 horas polo túnel deste acontecemento na ría ferrolá que marcou un antes e un despois nas infraestruturas desta comarca galega.
A plataforma bateu contra a ponte, principal vía de comunicación entre Ferrolterra e o resto de Galicia, cando apenas uns minutos antes a policía local fora capaz de cortar o tráfico tras recibir o aviso dos veciños do barrio próximo de Caranza. Os remolcadores do porto de Ferrol conseguiron cando menos modificar a traxectoria do buque.
|
|
Te enseñamos cómo preparar de manera sencilla este delicioso bocata: Beicon con pimientos
Te enseñamos como prepara rápida y cómodamente unos ´espaguetis con mejillones´, un ´asado de...
La cocina mediterránea nos habla de alimentos, de materias primas y de técnicas culinarias según...
Pueden presentarse con numerosas variantes, incluyendo verduras, o añadiendo jamón...
En la Santa María, la Pinta y la Niña no había menú degustación de doce platos, ni diseño ni...
¿Qué fue antes, el huevo frito del cuadro de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, o la gallina. A...
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||