A verdade sobre o caso Piñeiro (II)

Polas encrucilladas da República no exilio

Novo capítulo sobre a importancia de Ramón Piñeiro na República

 22:30  
Ramón Piñeiro (segundo á esquerda), con outros membros do grupo Galaxia.
Ramón Piñeiro (segundo á esquerda), con outros membros do grupo Galaxia.  

Segundo a versión "oficial", Ramón Piñeiro viaxou a Francia, no inverno de 1946, co obxectivo de acadar para Castelao un posto como ministro no goberno republicano no exilio, presidido por José Giral: unha estratexia apoiada polo Partido Galeguista do interior. Porén, fronte ao autor de Sempre en Galiza, outras forzas chegaron a propoñer o nome de Manuel Portela Valladares (1867-1952). Diante de tal perspectiva, xurdía aínda a posibilidade de que o ministro galego fose alguén do "interior". Acaso era esa a verdadeira intención coa que acudía Piñeiro a París?

XOSÉ RAMÓN PENA En xaneiro do ano 1946, as conspiracións seguen adiante. Desde o propio entorno franquista, o xeneral Kindelán prevía dar a coñecer unha serie de declaracións nas que se conminaba a Franco a abandonar o poder, dando paso á monarquía encabezada por D. Juan de Borbón. Este, da súa parte, en marzo de 1945, dirixira xa desde Lausanne (Suíza) un “Manifiesto a los españoles” no cal, entre outras cousas, prometía “el reconocimiento de la diversidad regional”.

De novo en xaneiro do 46, comezan tamén as xuntanzas entre Galeuzca e a ANFD. A representación galega correu a cargo de Ramón Piñeiro.

A viaxe a Francia

O resultado das conversas entre Galeuzca e a ANFD non resultou positivo. Crendo contar sempre co apoio británico, a Alianza pretendía “partir de cero”; é dicir, rachar mesmo coa legalidade republicana e abrir un período constituínte. Tal e como recolle a acta da reunión celebrada o 17 de xaneiro de 1946, se ben que o presidente de Alianza –o republicano Régulo Martínez (1895-1986)– indica que o propósito inicial consistía na restauración da República, as circunstancias poderían determinar outra cousa. É por iso entón que “… la Alianza quiere tener las manos libres para actuar, lo que le impediría aceptar la posición vasca de mantener a toda costa sus instituciones autonómicas”. Nin que dicir ten, os tres estatutos plebiscitados antes de xullo de 1936 quedaban, por así dicilo, “en fóra de xogo” e a mercé do que esa futura Constitución viñese dispoñer sobre o particular.

Neste estado de cousas, tanto a ANFD como os membros de Galeuzca deciden viaxar a Francia e entrevistarse co goberno republicano no exilio –presidido por José Giral– que viña de trasladarse desde América a París.

Escribe Piñeiro en Da miña acordanza que “naquelas circunstancias, para analizar os acontecementos, os membros da Alianza convocamos unha reunión en Santiago (…) e chegamos á conclusión de que era preciso viaxar ao exterior e falar coas institucións que representaban a lexitimidade democrática e republicana (…) O encargado de facer esa viaxe por parte dos galegos fun eu”.

Curiosamente, e a pesar dunha declarada amizade por el, non fai ningunha mención o lugués á figura doutro galego, Juan García Durán (1915-1986) –en realidade, o seu verdeiro nome era Luís Costa– quen viaxou na mesma altura a París, e co mesmo propósito, se ben que como representante da CNT e doutras forzas integradas na Alianza, deixando constancia de tal aventura na súa obra Por la libertad. La lucha antifranquista de Luis Costa (hai tradución ao galego). De feito, respondendo ao contido dunha entrevista realizada ao propio Ramón Piñeiro por Sergio Vilar (1968), escribe Durán en 1972: “… Piñeiro (no) tuvo el menor contacto con estas conversaciones –refírese ás habidas entre a Alianza e os monárquicos-, ni intevino en la decisión, tomada por ANFD, de consultar al Gobierno, ni tuvo ningún contacto con éste, aunque haya hablado con algún ministro. Piñeiro fue a París, a invitación de los vascos, para informales de lo que ocurría. Nosotros fuimos el único representante que fue a París en nombre de la ANFD”.

Quen está a relatar ao certo? Da documentación presentada por X.C. Garrido Couceiro no seu libro Piñeiro contra Castelao. Castelao contra Piñeiro, tirada do Arquivo da Fundación Sabino Arana, parece desprenderse que non chegou a haber tal entrevista entre Piñeiro e Giral, por máis que o autor de Olladas no futuro si faga todo un relato da mesma nas súas memorias. En todo caso, e sempre segundo a versión de Piñeiro, había outro obxectivo fundamental na viaxe a terras francesas: coñecendo a remodelación do goberno da República, cuxa base se ampliaba coa inclusión de comunistas, conservadores e, desde logo, membros de Galeuzca, tratábase de conseguir que nel entrase, como ministro galego, Castelao: “Facer ministro a Castelao interesábanos para sacalo do illamento político en que quedara en Bos Aires (…) Se Castelao era nomeado ministro, entón pasaba a ser a figura que presidía politicamente ese pacto autonómico das forzas democráticas galegas no interior (…) Ese era o noso obxectivo político, que Castelao fose incoporado ao goberno como representante dos demócratas galegos do interior e dos dereitos de Galicia como pobo, apoiado ademais por grupos políticos de todas as tendencias”.

Ramón Piñeiro, ministro da República

“… O pior é que no interior sufriron un rauto de vaidade terríbel, atribuíndose o feito de que eu sexa ministro á xestión feita por Piñeiro, cando en realidade a xestión súa veu colmar as que fixeramos nós, sen as que sería imposíbel ter éxito (…) Eu tiven que falarlles moi claro –refírese ao galeguismo do interior- para sacalos do enorme erro en que viven, desprezando aos emigrados e quitándolle importancia ao Consello de Galiza até o punto de non recoñecelo, cousa que eu oculto incluso dos meus compañeiros”.

Veñen ser as palabras de Castelao –en carta a Rodolfo Prada do 17 de xullo de 1946– as que discordan da versión piñeirista. Unhas liñas atrás, o autor de Retrincos subliña aínda: “… Pero sobre todo descubriuse que Piñeiro estivo en Francia e sábase ao que foi alá. Isto é ben lamentábel”.

Desde logo, a información que manexa Castelao procede dos vascos. Nin máis nin menos que Manuel de Irujo –tamén ministro no goberno Giral– é quen lle/nos dá noticia da proposta do ministerio galego e aínda da actuación de Piñeiro sobre ese particular: “…Le propongo (a Giral) a Castelao. Me dice: ´Tuve una fuerte agarrada con él en Barcelona (…) Si a Vds. les parece que debe ser Castelao, lo será. (El Sr. Piñeiro, conocido por Santiago en nuestro argot, me había dicho: ´al exterior sólo hay un ministrable que es Castelao. Pero éste no será aceptado por el Sr. Giral (…) Además, Castelao carece de sentido político y tiene un genio violento y arbitrario. De no ser aceptado Castelao, debería pedirse nombre al interior. El Secretario político del Partido Galleguista soy yo. Nosostros nos encargaríamos de recabar la conformidad de los restantes grupos gallegos)”.

Pero por se isto fose pouco, na carta -tamén incluída na documentación da Fundación Sabino Arana- que Pello Irujo lle escribe a Joseba Rezola o 23 de marzo de 1946 lemos cousas como as seguintes: “… Y yo que –lo confieso- muchas veces había pensado que Santi (Ramón Piñeiro) podía ser el Ministro de Galicia, pero de manera elegante, desinteresada, con espíritu de sacrificio y de servicio a su patria (…) De todos modos, piensa por un momento que lo fuera, que fuera designado para ello por el interior. Pues si eso es lo que satisface su ambición, conseguido su objetivo, tendrías a Santi convertido ipso facto en el ´Jabalí´de la República (…) Los que hemos puesto la plataforma para que se pudiera ver a él y a Galicia, hemos estado ciegos. Ésta es nuestra culpa. Nosotros obramos con un desinterés tal, que ni se nos ocurre pensar que los que junto a nosotros trabajan, lo hagan de manera interesada, egoísta, personal, con reservas mentales y segundas intenciones (…) Santi es un muchacho admirable por todos los conceptos, pero es ambicioso, carece de capacidad de gratitud, frío, capaz de dejarnos en la estacada”.

Certamente, de textos como o anterior e outros, despréndese que, na estima dos seus amigos vascos, Ramón Piñeiro viaxou a París coa esperanza de ser el o designado como ministro no goberno Giral. A imposibilidade de levar adiante tal propósito sería a causante da profunda desafección do de Lugo polo goberno Giral; unha vez máis é Manuel de Irujo quen, informando directamente a Castelao, nos transmite tal nova: “… Santiago (Ramón Piñeiro) no cree en el Gobierno de la República. Estima que es una entelequia fantasmal (…) Este muchacho es listo, avisado, activo y muy gallego. Pero fía demasiado de las combinaciones políticas. El ejemplo del caciquismo gallego influye sobre él demasiado”.

Mais, segundo Piñeiro, a proposta de que puideser ser el mesmo quen ocupase o cargo estaría apoiada, nin máis nin menos, que polo lehendakari Aguirre!: “… Por outra banda, manifestábame a súa opinión de que se había algunha dificultade para que aceptasen o seu nome (o de Castelao), o ministro galego debía ser eu, pola forza moral de ser un representante do interior”.

En calquera caso, o mesmo día no que, finalmente, Giral aceptaba incluír a Castelao no goberno, Ramón Piñeiro xa retornara a España. Na correspondencia conservada, o de Rianxo dá mostra do profundo desgusto que lle causou o feito de que o lugués non agardase por el, como si lle pedira, en París.

Porén, Ramón Piñeiro levaba xa outras perspectivas na súa mente.

  HEMEROTECA
El historietista e ilustrador Mauro Entrialgo, autor de personajes clásicos del cómic español como Tyrex, Ángel Sefija, El demonio rojo y Herminio Bolaextra, conversa con nuestros lectores el próximo lunes 7 de mayo a las 12:00 horas.Envía tu pregunta »

Gastronomía


Un menú mediterráneo.
Un menú mediterráneo.

Un menú mediterráneo

La cocina mediterránea nos habla de alimentos, de materias primas y de técnicas culinarias según...

Para el calor, ensaladas.

Para el calor, ensaladas

Pueden presentarse con numerosas variantes, incluyendo verduras, o añadiendo jamón...

Las carabelas, con comida para 15 meses

La despensa de las tres carabelas de Colón

En la Santa María, la Pinta y la Niña no había menú degustación de doce platos, ni diseño ni...

Detalle de 'Vieja friendo huevos', de Velázquez

Descubrimiento del huevo frito de diseño

¿Qué fue antes, el huevo frito del cuadro de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, o la gallina. A...

Albóndigas, un plato casero

Albóndigas, de alto valor nutritivo

Seguramente, el ser poco prácticas para tomar entre pan y pan las ha salvado de entrar en el...

Carrillada casera de ternera al vino tinto.

Rabo de toro estofado a la Quinta Gama

"Los tiempos adelantan que es una barbaridad", se cantaba en la zarzuela La verbena de la Paloma....

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya