|
|
|
HEMEROTECA » |
|
ILDARA ENRÍQUEZ - VIGO
O teatro do absurdo, onírico, ilóxico e mesmo ás veces irreal, pousou as súas ás no número 19 da rúa Vázquez Varela, un recuncho onde se agocha a compañía Teatro Arte Livre de Vigo. Eisenhower Moreno, da man dos membros da compañía T.A.L, presenta a comedia clásica rusa de Nicolai Gogol O inspector xeral. De venres a domingo, ás 22.00 horas (ás 21.00 se é domingo), e ata o 2 de agosto, poderase desfrutar dunha absurda e esperpéntica representación cargada de humor, música e fervente crítica social.
“A historia é moi absurda, basease na caracterización vocal e corporal do actor. Un proxecto moi ousado e ambicioso que nos levou oito meses” afirma o seu director e adaptador Eisenhower Moreno.
A obra fuxe do engano e amósanos ás personaxes tal como son, “sen máscaras”, porque diso é do que trata, de destapar as aparencias e os estereotipos que rodean a unha sociedade predeterminada a xulgar, ambiciosa e superficial. “Son personaxes moi claras, obxectivas e directas, non teñen misterios” engade Moreno. O inspector xeral é unha historia que evidencia que o home é o único ser humano que tropeza dúas veces na mesma pedra, e mesmo tres, ou catro, se se trata dos histriónicos habitantes desta pequena vila perdida ó amparo do mundo.
A montaxe é un continuo travestir de personaxes, voces, roupas e decorados, onde todo flúe e nada é exactamente o mesmo. O elenco, formado por 9 actores, multiplícase en 18 personaxes cos seus cambios de sexo e voz incluídos. “A caracterización é algo bastante forte neste proxecto, todo un desafío que obrigou os actores a transformarse dobremente”.
Música
Ó reparto de actores tamén se lles une a música como unha personaxe máis. Ó longo da historia, vainos envolvendo nun universo carente de sentido, onde os soños e a realidade non atopan barreira.
Esta “obra musicada” conta cunha coñecida banda sonora, “New York, New York”, de Sinatra, “My heart will go on” de Cèline Dion ou “Don’t cry for me Argentina” de Madonna, son só algunhas das cancións que ambientan a divertida historia. Con todo, malia que as melodías son as mesmas as letras varían adaptándose ó guión de cada escena. “A música vén como outro punto de humor, é para darlle algo máis de colorido, un xeito de facer o espectáculo máis popular, máis leve, aínda que siga mantendo ese lado crítico de seu” engade Moreno.
Eisenhower volve esta noite coa obra que lle dera o premio a mellor actor no 1991 en Brasil. Unha historia de humor negroque, malia terse escrito no 1936, asegura que segue actual, mostrando unha mirada crítica cara os males de hoxe, e sempre, coma o suborno, o egoísmo, a corrupción ou o engano.
|
|
Aprende cómo se hace este rico refresco, perfecto para sorprender a tu familia en un día caluroso
Aprende cómo elaborar de una manera rápida y sencilla este delicioso e innovador bocadillo
Para el calor lo mejor son platos suaves que aporten frescura, aprende cómo elaborar esta receta
Para los principiantes en la cocina presentamos esta receta, fácil de elaborar pero deliciosa
Una buena alimentación es sinónimo de salud. En este sentido, la cocina integral se presenta como...
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||