O autor está considerado como o "pai" do reintegracionismo

Seis cidades propoñen a Carvalho Calero como homenaxeado para as Letras Galegas

Os concellos de Vigo, A Coruña, Compostela, Ferrol, Ourense e Pontevedra apoian a iniciativa

 
Ricardo Carvalho Calero.
Ricardo Carvalho Calero.  FDV

MAR MATO - VIGO No vindeiro 2010, cumpriranse 20 anos do pasamento de Ricardo Carballo Calero (Carvalho Calero), así como un século do seu nacemento. Como homenaxe á súa obra e ao seu compromiso social, un total de seis cidades aprobaron onte solicitar á Real Academia Galega (RAG) que o autor de Gramática Elemental del Gallego Común e "pai" do galego reintegracionista (defendía que o galego e o portugués forman parte do mesmo diasistema lingüístico, o idioma luso) sexa o homenaxeado no Día das Letras Galegas.

O acordo das concellerías de Cultura de Vigo, Compostela, A Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra (botouse en falta Lugo, onde foi director dun colexio e estreou a súa primeira obra de teatro) tomouse onte en Santiago cunha crítica subxacente: aos 19 anos da súa morte "aínda non recibiu o seu merecido recoñecemento".

A concelleira de Cultura de Compostela, Socorro García, explicaba onte que Carvalho Calero "conta cunha das máis completas e extensas traxectorias vitais en defensa da cultura galega", convertíndose "nun dos persoeiros fundamentais no campo da literatura e lingua galegas". Desde hai tempo, a Fundaçom Artábria de Ferrol e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) lévano propoñendo para o Día das Letras Galegas, cunha campaña que segue en marcha na web www.carvalhocalero2010.net.

En AGAL, resaltan "a súa extensa obra escrita, a variedade de xéneros cultivados, o seu traballo no Seminario de Estudos Galegos, o seu compromiso político-social, a represión sufrida (xulgado por ser oficial do exército republicano o que o levou ao cárcere e lle impediu adicarse ao ensino oficial)". Nas súas obras, destacan Gramática Elemental del Gallego Común ou Historia da Literatura do século XX.

  HEMEROTECA
El historietista e ilustrador Mauro Entrialgo, autor de personajes clásicos del cómic español como Tyrex, Ángel Sefija, El demonio rojo y Herminio Bolaextra, conversa con nuestros lectores el próximo lunes 7 de mayo a las 12:00 horas.Envía tu pregunta »

Gastronomía


Un menú mediterráneo.
Un menú mediterráneo.

Un menú mediterráneo

La cocina mediterránea nos habla de alimentos, de materias primas y de técnicas culinarias según...

Para el calor, ensaladas.

Para el calor, ensaladas

Pueden presentarse con numerosas variantes, incluyendo verduras, o añadiendo jamón...

Las carabelas, con comida para 15 meses

La despensa de las tres carabelas de Colón

En la Santa María, la Pinta y la Niña no había menú degustación de doce platos, ni diseño ni...

Detalle de 'Vieja friendo huevos', de Velázquez

Descubrimiento del huevo frito de diseño

¿Qué fue antes, el huevo frito del cuadro de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, o la gallina. A...

Albóndigas, un plato casero

Albóndigas, de alto valor nutritivo

Seguramente, el ser poco prácticas para tomar entre pan y pan las ha salvado de entrar en el...

Carrillada casera de ternera al vino tinto.

Rabo de toro estofado a la Quinta Gama

"Los tiempos adelantan que es una barbaridad", se cantaba en la zarzuela La verbena de la Paloma....

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya