A Barrié e o Instituto da Lingua aumentan a colección da Biblioteca Filolóxica Galega

María Xesús Bugarín, José Moralejo, Xosé Henrique Monteagudo e Xoán Babarro son os autores dos catro novos títulos da antoloxía

 21:45  
De izq. a dcha, Javier López, Rosario Álvarez y Antón Santamaría; abajo, Moralejo, Monteagudo, Bugarín y Babarro.
De izq. a dcha, Javier López, Rosario Álvarez y Antón Santamaría; abajo, Moralejo, Monteagudo, Bugarín y Babarro. C. Pereira

ANA SAÁ - VIGO O Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza presentaron onte en Vigo catro novos títulos da serie editorial Biblioteca Filolóxica Galega –iniciada a finais dos anos 90–, cuxo obxectivo é o de trasladar á sociedade obras relevantes de investigación filolóxica de ámbito académico e científico coordinadas por Antón Santamaría.
Os títulos escollidos nesta ocasión foron O galego fundamental. Dicionario de frecuencias, Callaica nomina. Estudios de onomástica gallega, Letras primeiras. O floral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito e Poesía completa de Antolín Santos Mediante. Catro obras que contan “cun aval científico e un diploma de calidade”, como sinalou Rosario Álvarez, directoda do ILG.
“A creación do ILG debeuse a un mellor coñecemento da lingua no pasado, o presente e tamén o futuro. Esta colección permitirá un mellor coñecemento da lingua galega”, afirmou Javier López, director xeral da Fundación.
O primeiro destes libros, O galego fundamental. Dicionario de frecuencia, recolle a frecuencia de uso das palabras en galego, “o que permitirá saber, por exemplo, que léxico debe aprender e fixar o alumnado en cada curso”, afirmou a súa autora María Xesús Bugarín.
José Moralejo recolle en Callaica nomina. Estudios de onomástica gallega as achegas da onomástica a través do testemuño das xentes, linguas e culturas prehistóricas “e insisto tamén no fondo indoeuropeo que pode calificarse de céltico”, dixo.
Por outra banda Xosé Henrique Monteagudo, escritor de Letras primeiras. O floral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, expón na súa obra o proceso de implantación da poesía trobadoresca “cun uso instrumental e poético do galego”, enunciou.
Poesía completa de Antolín Santos Mediante é o título da compilación de poemas deste autor asturiano, obra de Xoán Babarro. “Ademais de ter unha dimensión global, este poeta foi un dos primeiros en integrar a fala no galego literario e foi a figura máis visible da literatura galega en Asturias”, sinalou.

  HEMEROTECA
Jane Joyd  o Elba Fernández, tanto monta monta tanto. La gallega, ganadora del Proyecto Demo en 2011 presenta disco...  Envía tu pregunta »

Gastronomía


Tosta de espárragos gratinados
Tosta de espárragos gratinados

Tosta de espárragos gratinados

Para los principiantes en la cocina presentamos esta receta, fácil de elaborar pero deliciosa

Arroz integral almendrado con pollo.

Arroz integral almendrado con pollo

Una buena alimentación es sinónimo de salud. En este sentido, la cocina integral se presenta como...

La delegación de la facultad, con el edificio central del pazo Baión al fondo.  // Iñaki Abella

Los herederos de Cunqueiro y Arzak

Más de 60 estudiantes y profesores de la primera Facultad de Gastronomía del mundo visitan un...

Mero al horno con salsa.

Mero al horno con salsa

El mero es sin duda uno de los pescados más deliciosos, aprende a prepararlo con esta salsa

Stratvs Malvasia, naturalmente dulce.

Vinos para el verano: Stratvs Malvasia, naturalmente dulce

¿Por qué los vinos importantes nos transforman, nos hacen más lentos para poder entretenernos...

Una reciente cata de vinos en la D.O. de O Ribeiro.  // Iñaki Osorio

Los vinos de O Ribeiro arrasan en Londres con 18 galardones

Ganaron dos medallas de plata, 8 de bronce y 8 "commended" en los "Decanter World Wine Awards"...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya