ÚLTIMA HORA
El Celta convoca junta de accionistas para el 24 de noviembre

Miguelanxo Prado fai historia

O debuxante, o primeiro en entrar na Academia de Belas Artes

 

Miguel Anxo Prado ten o hábito de viaxar metido no corpo. As súas maletas reais atópanse xa en París onde inaugura unha exposición a vindeira semana nunha galería. A equipaxe dos sentidos, sen embargo, levita noutros mundos, nos das súas historias de banda deseñada e cine polas que vén de ser nomeado membro da Academia de Belas Artes de Galicia.

MAR MATO - VIGO É certo; a vida, a historia, é unha espiral. Miguelanxo Prado está dentro dunha. No 1992, sacaba do prelo Trazo de tiza, unha estrana narración sobre unha desconcertante historia de desamor nunha illa solitaria. Esta primeira historia longa de banda deseñada do debuxante ofreceulle incribles críticas nos medios franceses, así como o premio Alph Art de Angoulême ou o de mellor obra no Saló do Còmic de Barcelona. Dezasete anos despois, Prado foxe lonxe do humor para voltar á orixe, á línea de Trazo de tiza, na súa nova historia longa que lle levará máis de ano e medio de traballo.

“Serán unhas 160-170 páxinas ao redor da memoria persoal, dos recordos que definen as vidas de cada quen”, explica o autor galego quen se confesa “bastante ordenado no traballo” pero con tremendas dificultades para falar do mesmo. “Escápaseme unha definición”, autocritica.

Aínda que non o diga, coas súas explicacións lémbranos detalles dos personaxes de Irena e Josef de A ignorancia de Milan Kundera:“Sempre hai versións diferentes dun mesmo acontecemento. A miña próxima historia será un xogo tecido entre un grupo de personaxes no que tamén terei un pé posto no onírico. Non será estrictamente unha narración en termos realistas, senon que ofrecerei un aspecto que toca un pouco a visión máxica da realidade”, detalla o autor nacido no 1958 na Coruña.

Punto “escuro” na biografía

É de esperar que, ao igual que co filme de animación De Profundis, a nova novela gráfica de Miguel Anxo Prado esbotará a palabra indiferencia das súas críticas. Porque se algo se pode etiquetar ao guionista e debuxante coruñés é de ofrecer historias especiais nas que hai, sen embargo, unha asignatura pendente.

“É un dos puntos escuros da miña biografía pero por desgraza non está da miña man. Os meus libros están traducidos a 14 linguas pero moi poucos –tres ou catro– publicáronse en galego a pesar de estar todos escritos nesta lingua na versión orixinal”, explica. Cunha colección propia en castelán en Norma, a editorial El Patito iniciou xa a publicación dalgunha das súas obras ao galego á espera de culminar o seu percorrido ao completo.

A novela gráfica non é o único proxecto para o impulsor do festival de BD Viñetas del Atlántico. Tralo éxito de De Profundis (nominación ao Goya ao mellor filme de animación), Prado pensa xa nun novo proxecto que non seguirá o mesmo modus operandi. “Sería moi difícil que me volvese pechar catro anos traballando dun xeito tan especial. Non quero volver a asumir a realización total dos debuxos para facer a película”, confesa Miguelanxo Prado quen nestes intres se atopa en París preparando unha exposición de orixinais de banda deseñada, ilustracións e cadros que se inaugurará a vindeira semana nunha galería.

“Nunca deixei de pintar. No caso de París, trátase dunha pequena colección de cadros cunha certa relación temática coas historias. Moitas veces, vanse tecendo fíos de relación entre a pintura e as historias que conto no cómic”, explica o primeiro debuxante de banda deseñada galega acollido na Real Academia de Belas Artes de Galicia.

“A noticia recibinna con perplexidade; non entraba nas miñas previsións (...) É inevitable sentir satisfacción polo feito de reoñecer a linguaxe (o cómic) na que me levo expresando dende hai tanto tempo”.

  HEMEROTECA

Gastronomía


Mero al horno con salsa.

Mero al horno con salsa

El mero es sin duda uno de los pescados más deliciosos, aprende a prepararlo con esta salsa

Stratvs Malvasia, naturalmente dulce.

Vinos para el verano: Stratvs Malvasia, naturalmente dulce

¿Por qué los vinos importantes nos transforman, nos hacen más lentos para poder entretenernos...

Una reciente cata de vinos en la D.O. de O Ribeiro.  // Iñaki Osorio

Los vinos de O Ribeiro arrasan en Londres con 18 galardones

Ganaron dos medallas de plata, 8 de bronce y 8 "commended" en los "Decanter World Wine Awards"...

Huevos revueltos con atún.

Huevos revueltos con atún

Al tomar un plato con huevo, no se debe olvidar combinarlo con la guarnición adecuada

Dorada con juliana de verduras.

Dorada con juliana de verduras

Hoy cocinamos un delicioso plato de pescado acompañado de verduras

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya