Aínda son unha minoría e atopalos nos estantes dos supermercados non é nada doado.

Os xoguetes en lingua galega comezan a asomarse no mercado pero a meirande parte hai que adquirilos en tendas especializadas ou a través da rede.A Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia demandou o ano pasado que a industria elaborase bonecos ou xogos electrónicos que falasen galego, unha medida que Política Lingüística trasladou os xogueteiros pero que non tivo o éxito agardado.“Dixeron que mentres non houbese máis demanda non os farán e a Xunta conformouse con esta resposta”, sinala o presidente desta asociación, José Manuel Suárez.“É a pesca que se morde a cola.Non hai oferta e polo tanto tampouco demanda porque ata os que somos galegofalantes nin nos plantexamos atopar xoguetes en galego”, di Francisco Rey, da Mesa pola Normalización Lingüística.

Pese a todo, hai empresas que apostan polo multilingüismo e ofertan productos con opcións en castelán e nas tres linguas cooficiais de España. É o caso de Devir ou Ekilikua que comerc i a l i z a n ¿Quién vive aquí?, un xogo de mesa sobre a multiculturalidade e a discapacidade, para nenos de 3 a 12 años, coas súas correspondentes fichas en galego, ou Catán Junior, que inclue as instruccións en galego,catalán ou vasco.

Pero quen queira xogar unha partida ós clásicos coma ó Trivial ou Scrabble deberá conformarse coa versión virtual en www.as-pg.com/trivial.gz ou www.as-pg.com/scrabble.gz. O mesmo ocorre cos ordenadores e xogos electrónicos infantís.Todos falan castelán e moitos xa incorporan a opción de inglés,pero case ningún pode expresarse en galego. Polo momento, só Alday conta con duas computadoras galegas - Iago Divertido e Iago Next- nas que os máis pequenos adéntranse na informática da man do bilingüismo. “Sería tan sinxelo como facer unha grabación máis de voz, non é ningún coste engadido”, sinala Suárez. Esta compañía tamén dispón de bonecos contacontos ou mesmo libros electrónicos en catalán e euskera aínda que non oferta estos productos para os nenos galegofalantes.

Pero se a presenza do galego é limitada nos xogos de mesa ou electrónicos, a situación agrávase ó chegar os estantes das bonecas ou dos videoxogos.

Ningunha maniquí parlante fala en galego e o máis aproximado que pode atoparse nas tendas son unhas marionetas de comercio xusto -de personaxes de contos tradicionaisque inclúen o libro en galego para promover que os rapaces utilicen esta lingua ó xogar.

No caso dos videoxogos,mentres algúns ofrecen a posibilidade de que os protagonistas falen en catalán,o galego non disfruta da mesma sorte salvo no único xogo para consola ou PC made in Galicia: ELE (Evento Ligado á Extinción), comercializado desde o ano pasado pola productora coruñesa Continenal e no que os usuarios deberán loitar por salvala hum a n i d a d e.

Que non se vendan videoxogos en galego non quere dicir que algún non se poda galeguizar.É o caso do famoso Pro Evolution Soccer para o cal xa existe en internet unha aplicación que permite xogar coa selección galega de fútbol, no estadio de Riazor e as alineacións de Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias.

A falta de xoguetes a Xunta decidiu optar polo mundo virtual. Deste xeito, a web de Política Lingüística conta cun enlace a varios xogos como o Aforcado (para adiviñar palabras agochadas), o Preguntoiro (no que cada rapaz deberá contestar preguntas de diferentes ámbitos), ou varios tipos de quebracabezas para compoñer.

Mentres o galego segue a ser minoritario no mundo dos xoguetes, as librerías conta cada vez con máis artigos nesta lingua.Son moitas as editoriais especializadas coma Kalandraka, Galaxia ou A Nosa Terra.