EN DIRECTO

Inma López Silva, Premio Blanco Amor 2007: "Os libros son un dos poucos espazos de liberdade que nos quedan"

A autora de "Concubinas" presentou a súa última novela

 
Inma López Silva, onte, en Santiago.
Inma López Silva, onte, en Santiago.  Xoán Álvarez

C. VILLAR / SANTIAGO Os libros de historia adoitan contar as fazañas públicas dos grandes persoeiros, pero pouco máis se sabe deles. Esa curiosidade empuxou a Inma López Silva a escribir "Memoria de cidades sen luz", coa que ademais suma un premio máis ao Xerais, desta vez o Blanco Amor de novela. Onte Galaxia presentou a obra editada en Santiago.
-Unha das súas personaxes atopa a liberdade nos libros. Ata ese punto é así?
-Tal e como estamos agora mesmo, un dos poucos espazos de liberdade que nos quedan son os mundos imaxinarios, os mundos que podemos controlar nós mesmos, coa nosa imaxinación, coa nosa vida intelectual. Os libros son a grande salvagarda dese espazo, a cabeza, un dos poucos lugares onde non se nos van meter nin grandes grupos financeiros nin políticos.
-Falamos da imaxinación do lector ou da do escritor?
-Dende os dous puntos de vista. Con este libro quixen escribir a novela que eu querería ler como lectora. Antes ca nada es lector de ti mesmo.
-Adoita relerse?
-Non o soporto, só o fago mentres escribo. Xa de estudante nunca relía os exames. Se o fixera, non os entregaría.
-Nesta novela sumérxese nas vidas non coñecidas de persoeiros históricos.
-É que todo relato histórico é unha selección de acontecimentos que contamos, o que significa que outros quedan fóra. Quería contar as vidas persoais, que non saen nos libros. Por exemplo, Ánxel Casal, que sae na novela... O que se sabe del é que foi alcalde de Santiago, pero eu pregunteime como sería na súa vida persoal deixar A Coruña e vir a Santiago. Para min é importantísimo porque case medimos as nosas vidas polas mudanzas e a historia non conta iso.
-Ten diferencias o Premio Blanco Amor doutros?
-Si, porque é un premio que naceu coa vocación de instaurar a novela longa en Galicia porque é un xénero importante para unha literatura e coido que a raíz del xurdíu este "boom" da literatura galega.
-Á marxe dos premios, a literatura tamén se promociona con feiras. A asistencia á de La Habana foi criticada. Cre necesario estar nestes eventos?
-Si, pero depende de a que feiras. A min, xa postos a que me leven e a que se gaste diñeiro público (porque se é privado tanto ten), o ideal é que sexan feiras que garantan unha proxección, como as de Francfurt, Bos Aires, México... Que sexan importantes e recoñecidas. Outras feiras xa non teño claro que sexa un investimento idóneo.

  HEMEROTECA
El músico gallego mantendrá una charla con los lectores de la edición digital de FARO el lunes 23 de abril desde las 10:00 horas.  Envía tu pregunta »

Gastronomía


Menú para deportistas
Menú para deportistas

Menú para deportistas

Para prepara tu cuerpo para practicar ejercicio con las mejores sugerencias alimentarias

Hojaldre de mariscos.

Diferentes maneras de comer marisco

Te presentamos una serie de recetas que te enseñan diferentes formas de preparar un plato con...

Menestra de espaguetis.

Menestra de espaguetis

Un plato fácil y rápido de preparar y que mezcla alimentos muy nutritivos

Salmón envuelto

Salmón envuelto

Te mostramos cómo preparar este plato que nos ayuda a luchar contra el colesterol

La edil de Turismo, con empresarios participantes en el certamen.

Diecinueve negocios baioneses participan en el primer certamen local de tapas

Los clientes y un jurado elegirán hasta el 20 de mayo el mejor plato entre 49

Arroz con atún y espinacas.

Arroz con atún y espinacas

Existen en el mercado múltiples productos autodenominados arroz y, a veces, la realidad dista...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya