A Fundación Penzol acolle unha mostra sobre a censura na época franquista

A exposición recorda a influencia negativa exercida sobre a edición en galego

 

ANA SAÁ / VIGO Coa Lei de Prensa promovida por Serrano Súñer en 1938 comezou en Galicia unha etapa de control sobre os textos que se publicaron durante o réxime de Franco. "Editar en galego baixo a censura franquista" é o título da exposición que se inaugurou onte na Casa Galega da Cultura, en Vigo, e que amosa de maneira representativa unha visión panorámica do comportamento dos censuradores da época. A mostra estará aberta ao público ata o 11 de xaneiro.
"Naqueles anos o galego era unha lingua folclórica relegada a unha segunda categoría, lonxe de ser o medio natural de expresión creativa de diversos ámbitos", sinalaba Alfonso Zulueta de Haz, vicepresidente da Fundación Penzol.
"Cómaros verdes", de Aquilino Iglesia Alvariño -primeiro libro publicado en galego tras a Guerra Civil-; "Don Hamlet", de Álvaro Cunqueiro; "Poesías. Aires d´a miña terra", de Curros Enríquez; "Escolma posible", de Castelao; e "Xente ao lonxe", de Eduardo Blanco Amor, son algúns dos títulos que se amosan nesta mostra. "Algúns dos documentos que se expoñen nunca antes foran exhibidos, e forman parte dun dos capítulos da historia cultural", explicou Xosé Manuel Dasilva, comisario da exposición.
A censura tivo unha transcendencia fundamental no desenvolvemento da expresión literaria galega durante a ditadura franquista. A burocracia do réxime utilizou o termo ´lector´ para referirse aos encargados de xulgar as obras. "Esta exposición é unha homenaxe aos editores que fixeron o posible por editar e sacar adiante importantes libros para a literatura", asentiu Luís Bará Torres, director xeral de Creación e Difusión Cultural.
"Editar en galego baixo a censura franquista" conta con seis paneis explicativos sobre os feitos máis relevantes da edición galega, ademais de exemplares de obras daquela época e vídeos onde se explican os pasos que seguían os censores.
"Dende a Guerra Civil Española e ata os anos 70 viviuse unha etapa na que se suprimiu a creatividade no mundo das artes e a literatura. Lembrar non é malo e faise importante valorar isto para non repetir tempos tan escuros", recordaba Xesús López, concelleiro de Cultura do concello de Vigo.
"Con esta exposición dase a coñecer o que foi o momento dun réxime que impediu o desenvolvemento da cultura galega. As xeracións dos anos 20 e 30 foron perseguidas e masacradas na guerra. ", recordou Luís Bará, quen fixo unha invitación para que a mostra se leve a outras vilas de Galicia e se edite unha publicación que estude de maneira sistemática o tema da censura.
A mostra está promovida pola Fundación Penzol e Editorial Galaxia, en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

  HEMEROTECA
Xoel López, que con la publicación de 'Atlántico' ha enterrado a Deluxe, ha charlado con los lectores de música, política y...  Consulta el encuentro »

Gastronomía


Pechugas de pavo con salsa de frambuesas.
Pechugas de pavo con salsa de frambuesas.

Pechugas de pavo con salsa de frambuesas

Descubre cómo se prepara este suculento plato… en tan sólo doce minutos

Beatriz Sotelo, durante su exhibición de cocina en Mondariz.  // D. P.

Reinventarse para la superación

Beatriz Sotelo, con una estrella Michelín, sorprende en Mondariz con su creatividad

Lubina con almejas y tiramisú.

Un menú delicioso en pocos minutos

Te enseñamos cómo se prepara una rica lubina con almejas. Como colofón, un postre de lujo: Tiramisú

Bocartes al pil-pil.

Bocartes al pil-pil

Descubre este delicioso plato, recomendado para realizar cenas suaves y fácilmente asimilables

Torta de jamón y queso.

Torta de queso y jamón

Aprende de una manera rápida y sencilla cómo se elabora este delicioso postre

Una carpa cobijó a los comensales de la fina lluvia que cayó al mediodía.  // Bernabé/Gutier

Lamela abre boca para el San Marcos

Más de 300 personas asisten a la II Romería Enxebre Gastronómica

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya