EN DIRECTO
Sara Casasnovas, actriz 

"Apetéceme probar co cine, é unha espiña que teño cravada"

A actriz ourensá descansa en Galicia despois da rodaxe de “Amar en tiempos revueltos”

 12:10  
  Sara Casasnovas, o pasado xoves en Santiago
Sara Casasnovas, o pasado xoves en Santiago x alvarez

Esta moza intérprete galega de 23 anos vén de dar vida á protagonista de "Amar en tiempos revueltos", a exitosa ficción de TVE para a sobremesa. Agora, trala rodaxe, deixa a serie, que xa vai pola terceira tempada. Polo momento toma un tempo para o descanso e para prepararse para novos proxectos. O pasado día 24 participou nos actos da Véspera en Santiago, sorprendendo ó público ó quedar medio espida na súa actuación.

S. JUSTEL / VIGO Despois dos seus papeis en diferentes series de televisión e obras de teatro, a cara desta nova actriz, Sara Casasnovas (Ourense, 1984), rematou de facerse coñecida para o público grazas ó seu papel de protagonista na ficción de TVE "Amar en tiempos revueltos". Agora, rematou a rodaxe e deixa a serie ó final da tempada en emisión. Antes de volver a Madrid e pensar no futuro, pasa uns días de descanso na súa terra.

- Tiña ganas de voltar a Galicia despois de meses de rodaxe en Madrid?
- Si, tiña ganas de voltar á "terriña". Agora, xa con enerxías renovadas, e estes días, ademais, coa choiva de sempre (risas).

- E tras deixar a serie, como se presenta o seu verán?
- Marcharei de viaxe polo sur, e logo regresarei a Galicia, a Corcubión, onde estou coa miña familia, antes de voltar a Madrid para traballar en min mesma.

- En si mesma?
-Sí, foi un ano moi duro, cun ritmo de rodaxe moi alto, con seis capítulos da serie por semana e moitas horas de traballo cada día. Agora sinto que preciso primeiro dedicarme a min e facer cousas, para volver a traballar nalgún proxecto.

- Que significou interpretar o papel de Isabel, a protagonista de "Amar en tiempos revueltos"?
-Moito sacrificio, moito esforzo pero tamén moita satisfacción, por tratarse dunha ficción de calidade, con aspectos de ambientación moi coidados, e ademais, trátase dun bo escaparate a nivel nacional.

- A terceira tempada da serie e, en especial a súa personaxe, inspiraron: "Si tú me dices ven, lo dejo todo", o último libro de Alfonso Puerta, pero que hai de Alicia, na Sara da vida real?
- Comparto con ela parte da miña visión da vida. Eu creo que a interpretación é terapeútica, e durante todo o proceso aprendín moito coa personaxe.
- Despois de probar, incluso simultanear televisión e teatro, con que se queda?
- Ante todo cun bo personaxe. O medio é importante, prefiro o teatro e o cine antes que a televisión. Pero, primeiro, un bo personaxe.

- O próximo, o cine?
-Si, por aí pasan quizais as miñas expectativas. Gustaríame facer cine. Xa participei nalgunhas curtametraxes, pero non en películas, pódese dicir que é unha espiña que teño cravada.

- E xa ten algún proxecto a curto prazo?
- Non, de momento non. O meu proxecto é vivir, e esperar que aparezan proxectos interesantes nos que volcarme.

- Entre as series das que formou parte estes anos está "Maridos e mulleres", que agora a TVG volve a emitir nas noites dos martes. Houbo moita evolución persoal neste tempo?
-Si, moita evolución interpretativa, ademais sempre hai un plus de min nas personaxes que interpreto, e as súas cousas trasládanse a miña vida.

-Gustaríalle volver a traballar en Galicia?
-Por suposto, as portas abertas, sempre que sexa un proxecto atractivo, que me guste.Galicia... calidade de vida.

  HEMEROTECA

Cine


El Teatro Cervantes de Málaga.
El Teatro Cervantes de Málaga.

Todo listo para el Festival de Cine de Málaga

El Teatro Cervantes será el centro neurálgico de la cita, que tendrá lugar desde el sábado 21...

Naomie Harris y Bérénice Marlohe.

Desmontando a las chicas Bond

La británica Naomie Harris y la francesa Bérénice Marlohe continúan la tradición de mujeres...

El ministro de  Cultura, José Ignacio Wert.

Wert: ´No nos gusta que haya caído el fondo de ayuda al cine´

El ministro de Cultura precisa que hay que verlo en una "perspectiva de conjunto", que incluye una...

La primera película de 'Sin City'.

Robert Rodríguez y Frank Miller sacan adelante la secuela de ´Sin City´

La selección de actores para la secuela comenzará este mes y la filmación arrancará en verano

El actor que encarna a Sarkozy, Denis Podalydes.

De Nicolás a Sarkozy: Una biografía muy jugosa (por A. Dopazo)

El actor que encarna al protagonista, Denis Podalydes, efectúa una labor espléndida marcada por...

Los juegos del hambre.

´Los juegos del hambre´: Un ´reality´ a vida o muerte

La película protagonizada por Jennifer Lawrence devora la taquilla internacional una semana antes...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 

Gastronomía


Melón con queso blanco.
Melón con queso blanco.

Melón con queso blanco

Un postre exquisito, fácil de preparar y perfecto para los días de calor

Un menú bajo en calorías.

Comidas bajas en caloría

Te presentamos un delicioso menú, perfecto para empezar a preparar tu cuerpo para la 'Operación...

Dos clientes degustan una mariscada en un restaurante de O Grove, en Semana Santa.  //  Muñiz

O Grove revitaliza su oferta gastronómica con propuestas de guisos y ´caldeiradas´

El sector turístico presenta otra forma más del ciclo sobre la cocina del mar

Una pareja muestra dos de las raciones.  // Noé Parga

Marcón dio buena cuenta de la fabada

La organización preparó 150 kilos de habas en la sexta edición de la fiesta

Andoni Aduriz junto a su equipo de trabajo.

´La gente invierte mucho para ligar y menos para cuidarse´

El prestigioso cocinero vasco Andoni Aduriz presenta en Lisboa tres innovadores platos a base de...

Disfruta de la mejor cena romántica.

Noche romántica, cena de lujo

Te presentamos un delicioso menú para disfrutar en pareja y aprovechar al máximo el fin de semana

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya