Luís González Tosar, Poeta: "Crear e inventar mundos é moi san, axuda a vivir"

 

O autor presenta hoxe en Vigo o seu poemario "Estúrdiga materia"

MAR MATO / VIGO Di Méndez Ferrín que "a negra sombra ou a pena lorquiana andan rondando" sempre a obra de Luís González Tosar (Bos Aires, 1952) que no seu último poemario publicado, "Estúrdiga materia", "traspasa a madurez". O escritor agasallado resta mérito dos eloxios sabedor que a súa verba non é do mundo común, senón dos chamados a deixar unha pegada indeleble. A sala de conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo acolle hoxe, ás 20.00 horas, a presentación da obra, co propio Ferrín e o director de Galaxia, Víctor Freixanes, no acto.
- Por que chamar "Estúrdiga materia" a un poemario tan nobre?
- Estúrdiga materia é áspera materia, a materia bruta. É a materia que o canteiro traballa todos os días co cincel para que a pedra bruta pase a ser outra cousa.
- Pero como aplicar ese razoamento á poesía?
- Porque a obra está inacabada. A poesía, a música, as artes plásticas, todo o teatro, a novela, todo aquilo que nos conmove o espíritu ten un inicio na materia estúrdiga. Ao igual que un canteiro se enfronta á pedra bruta e á maza coa súa habilidade, para escribir, hai que ter habilidade, imaxinación e sentimento.
- Vostede nunca tivo unha crise de inspiración?
- Non, nunca. Considero que a mellor inspiración é pórse diante da páxina en branco e reflexionar e escribir das lembranzas, do tempo que se foi perdendo.
- Precisamente, do tempo pasado, lembra os seus anos mozos en "Adolescencia terrible".
- Si, foi terrible. Eu sempre tiven a adolescencia como algo oculto e agora ábrome totalmente a ela desde a altura da madurez. A miña existencia foi desbordante de paixóns.
- Vostede busca a gloria na creación?
- Iso non se pode buscar, o único que ten que facer un é escribir para que o entendan e buscar a complicidade co lector para que participe do texto.
- Cre que na poesia galega abunda a verba baleira?
- Existe improvisación. Unha cousa é a vangarda e a experimentación, que son algo serio; e outra cousa é a palabrería baleira, a foguetería de artificio. Os foguetes están ben nas festas pero non son elementos dignos de ter en conta cando un vive con intensidade, emoción e transgresión o feito literario.
- Logo a poesía debe ser sempre transgresora.
- Na vida, hai que transgredir continuamente, porque na transgresión esixímonos máis. A imaxinación, crear e inventar mundos é moi san, axuda a vivir.

  HEMEROTECA
El investigador que más sabe sobre música censurada en la etapa franquista, Xavier Valiño, ya espera todas vuestras preguntas.  Envía tu pregunta »

Gastronomía


Revuelto de champiñones.
Revuelto de champiñones.

Revuelto de champiñones

A la hora de poner por primera vez un pie en la cocina, conviene saber que se pueden elaborar...

Pastel frío de bonito.

Pastel frío de bonito

Aprende cómo se prepara esta innovadora receta, ideal para los más pequeños de la casa

Ensalada de endivias y manzana

Ensalada de endivias y manzana

Con la llegada del calor apetecen platos frescos y ligeros. Aprende cómo prepara esta rica ensalada

Berenjenas con guisantes.

Berenjenas con guisantes

Este rico e innovador plato sigue los consejos de la dieta mediterránea

Minipizzas.

Minipizzas

Aprende cómo elaborar este divertido plato perfecto para los más peques de la casa

Fondue de champiñones y ave.

Fondue de champiñones y ave

Deslumbra a tu familia con este delicioso e innovador plato

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009