O asteleiro vigués Hijos J. Barreras asinou onte o convenio co que se compremete a apoiar o fortalecemento da lingua galega e o seu uso na comunicación institucional da empresa.

O acto celebrado pola mañá nas instalacións do asteleiro vigués, contou coa presencia dos traballadores do mesmo e os membros do Comité Empresarial Barreras. Os encargados de asinar o convenio foron o presidente do asteleiro, Francisco González Viñas, a secretaria xeneral de Política Lingüística, Marisol López e a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino. Tamén acudiu o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela.

Primeiro foi a operadora R, despois Caixa Galicia e agora Barreras, como terceira gran empresa do país que se compromete á galegización da compañía.

Segundo Marisol López é un obxetivo común que "o galego se expanda polas arterias ata conquistar o corazón". Consiste nun avance social a partir do diálogo que permite avanzar cara o futuro. Deixar a un lado as disonancias, xa que o importante é manter o progreso colectivo de Galicia. A solidaridade e xenerosidade son neste caso imprescindibles. "É unha satisfacción que o horizonte de Galicia se convirta nunha realidade", engadiu.

Onte comezou unha nova etapa, aínda que a mensaxe segue sendo a mesma: "o galego é a lingua de todos, a lingua que nos une". Un ben universal que precisa respeto e colaboración. Permite iniciar o camiño de unión da empresa e a lingüa, presentándose o galego como vehículo da comunicación empresarial.

Unha gran familia

"Barreras é unha gran familia, que se compón da plantilla e toda a industria auxiliar"como expresou o presidente do asteleiro, José Francisco González Viñas. No momento en que a empresa asteleira asina o convenio, comprométese a empuxar día a día a normalización da lingüa galega na empresa.

"A fala e a comunicación nas xornadas laborais permiten darlle vida a nosa cultura", expresou.

O obxectivo é que ao longo deste ano se asinen novos acordos e que se sumen a esta iniciativa os outros asteleiros e as empresas auxiliares que traballan diariamente con Barreras.

O Parlamento de Galcia, tal e como explicou a presindenta Dolores Villarino Santiago, ten a obriga de impulsar as mediacións para a normalización do galego, polo que se mostrou agradecida coa intención de deixar patente este compromiso no sector empresarial. "O grao de concienciación da empresa o podemos extrapolar para toda a Industria. Unha Galiza tolerante e orgullosa do seu idioma, que responda á unidade entre os galegos", comentou.