25 anos a prol da cultura

 
O Pazo de Raxoi alberga tamén nas súas plantas a sede do Consello da Cultura. / x. álvarez
O Pazo de Raxoi alberga tamén nas súas plantas a sede do Consello da Cultura. / x. álvarez 

O Consello da Cultura Galega cumpre un cuarto de século promocionando o país

M. MATO / VIGO N a Praza do Obradoiro, fronte a maxestuosa Catedral compostelana, o Pazo de Raxoi vixila o quefacer do Concello de Santiago pero tamén do Consello da Cultura Galega. Neste último, preto de 200 persoas traballan arreo cun obxec tivo: promocionar a cultura galega. Se cadra, para os máis novos, o seu quefacer diario máis visible é o portal www.culturagalega.org, unha visita case que obrigada cada día en internet para seguir o devir das artes, literatura, música e audiovisual do país.
Este ano, o Consello cumpre 25 anos nun momento no que comeza a plantexar cal será o seu futuro. A institución para nada está detida. Múltiples son os seus proxectos e actividades, chegando estas últimas a rozar o cento ao ano. A escritora e xornalista Rosa Aneiros -unha das 200 almas que traballan na institución-, dá conta deles con exposicións, congresos, conferencias, seminarios...
Precisamente, para este 25 aniversario, tense deseñado un programa especial de actos. Nos mandos dea celebración e da propia entidade como presidente, un ex rector da Universidade de Santiago, Ramón Villares, para quen "o CCG é unha peza esencial do entramado institucional do rexime autónomico de Galicia porque ten a misión de servir de canle para a biodiversidade propia da creatividade cultural".
Para conseguilo, a entidade oferta un forte impulso á investigación e recompilación de documentos como o Arquivo da Emigración Galega, o Arquivo Sonoro de Galicia cun catálogo de fondos editados e con 5.000 referencias sobre a música de noso, a publicación de centos de libros...
Un labor confeccionado en 25 anos nos que o Consello ten visto varias etapas. O seu actual secretario, Henrique Monteagudo, lembra como transcurriu o periodo fundacional a cargo de Ramón Piñeiro ata o ano 1990 ou, a partir desta data, a consolidación da entidade con Filgueira Valverde. "Era unha persoa que tiña un xogo fácil coa Xunta pola sintonía ideolóxica con Fraga. Iso facilitou a consolidación do Consello que conseguiu esta sede nese periodo".
Monteagudo sitúa a Carlos Casares -presidente de 1996 a 2002- como o iniciador dunha fase de dinamización potenciando as seccións, permitindo a entrada de xente nova, "dando unha visión máis actualizada da cultura fronte a visión clásica de Filgueira". A etapa de Casares viviu, sen embargo, unha de cal e outra de area. "Nesa etapa, tamén houbo unha perda do papel institucional do Consello xa que a Consellería de Cultura empezou a actuar sen ter en conta o Consello. Un exemplo foi a Cidade da Cultura cuxo proxecto se fixo sen contar connosco no asesoramento. Iso foi moi significativo e tamén nefasto porque o proxecto non ten contido cultural", explica Monteagudo. Agora, con Ramón Villares e unha nova Xunta, o Consello procura un futuro distinto.

Gastronomía


Es importante que los tomates maduren en la mata.
Es importante que los tomates maduren en la mata.

Larga vida al sabor

La batalla para lograr una mayor producción de tomate y frutos más resistentes avanza en...

Los representantes del restaurante Villanueva y de A Cunca (cuarto y quinto por la izda) junto a otros participantes y organización.  // Bernabé/J. Lalín

Villanueva y A Cunca ganan el concurso Deztápate

El primero es el más valorado por el jurado profesional y el segundo, por los clientes

Atún en conchas.

Atún en conchas

Descubre cómo hacer esta innovadora receta de una manera muy sencilla

Patatas al queso.

Patatas al queso

Para los amantes de la patata y el queso presentamos esta deliciosa receta


Huevos revueltos con almejas.

Huevos revueltos con almejas

Para el calor te presentamos esta deliciosa receta, muy fácil de preparar

Do Ferreiro Cepas Vellas 2010.

31. Do Ferreiro Cepas Vellas 2010

Los viajeros que transitan hacia ese mundo imposible del vino perfecto tienen en esta botella un...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya