A exposición "A palabra e os días" homenaxea a Álvarez Blázquez

 11:44  
 Esq. a dereita, Xesús López, Fernández del Riego, Ánxela Bugallo, Francisco Castro e Álvarez Cáccamo.
Esq. a dereita, Xesús López, Fernández del Riego, Ánxela Bugallo, Francisco Castro e Álvarez Cáccamo. F.V.
 NOTICIAS RELACIONADAS

A mostra da Casa Galega da Cultura achega a vida e obra do poeta ao que se lle adica o Día das Letras Galegas

ANA SAÁ / VIGO A exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez", presentada onte na Casa Galega da Cultura en Vigo, pretende achegar a vida e obra dunha das figuras que máis loitou pola cultura galega e a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. "Esta mostra trae moitas lembranzas do home que entregou o seu saber e a súa intelixencia ao servizo de Galicia", apuntou Francisco Fernández del Riego, director da biblioteca da Fundación Penzol. "Destacou pola súa sensibilidade e preferencia pola cultura medieval", engadiu.

Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, destacou o valor da exposición e a figura de Álvarez Blázquez como "poeta, editor e historiador" e calificouno como "un dos piares fundamentais da nosa cultura".

A mostra conta con 12 paneis informativos sobre a vida e obra do poeta nado en Tui, así como retratos feitos por Laxeiro ou Xosé Sesto, a súa máquina dactilográfica ou a medalla do Congreso Internacional de Etnografía, entre outras pezas. "Quedámonos curtos para abarcar o vento de luz da vida e obra dun autor que desenvolveu un traballo notable nunha atmósfera de represión", comentou Francisco Castro, comisario da mostra.

O director de Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, describiu a cidade de Vigo como "a capital do libro". "Con esta exposición queremos que a figura de Xosé María Álvarez Blázquez circule por toda Galicia ao longo do ano", recoñecía. A mostra permanecerá aberta ao público en Vigo ata o 25 de maio.

Á inauguración tamén asistiu o escritor e fillo Xosé María Álvarez Cáccamo, que recordou "o exceso de solemnidade rebaixado con simpatía que describe algunha das obras de meu pai". Pola súa parte, Xesús López, concelleiro de Cultura, recordouno como "un dos principais referentes de Vigo no século XX".

Na exposición ocupa un destacado espazo a colección "O moucho", que botou a andar en 1967 coa Editorial Castrelos, a través dun cadro deseñado por Pedro Bofill -ilustración dun dos libros desta compilación- e diferentes figuras deste animal agóchanse na Casa Galega da Cultura de Vigo.

El documento pertenece a un taxista jubilado
La guía para hablar inglés de un taxista de los 80 que triunfa en internet

La guía para hablar inglés de un taxista de los 80 que triunfa en internet

La 'chuleta' recogía la pronunciación de palabras y expresiones para poder hablar con los turistas

Las redes se vuelcan con Chiquito de la Calzada

Las redes se vuelcan con Chiquito de la Calzada

El rescate y la posterior hospitalización del humorista lo han convertido en 'trending topic'

 
Enlaces recomendados: Premios Cine