EN DIRECTO

A tradución revoluciona o galego

 
Lara Domínguez. Tradutora de "Terrorista" de John Updike. vaba anos querendo traducir a Boris Vian e
Lara Domínguez. Tradutora de "Terrorista" de John Updike. vaba anos querendo traducir a Boris Vian e 
 NOTICIAS RELACIONADAS

Boris Vian, Pamuk, Capote, Nélida Piñón e Paul Auster pásanse á lingua de Castelao

MAR MATO / VIGO Cando o pasado 21 de febreiro, ducias de lectores esperaban que o reloxo marcase as 18.30 horas para mercar a última entrega de Harry Potter en galego e castelán, case ninguén pensaba en Laura Sáez. Sen embargo, esta persoa tivo moito que ver co último capítulo da saga: foi a primeira en coñecer o final en galego ao estar encargada de verquer á nosa lingua as liñas de J. K. Rowling, a autora da historia. A mocísima Sáez réstalle mérito: "Como a obra en inglés xa se publicara, había algunhas versións piratas por aí; así que non había tanto misterio".
Misterio quizais non pero si moita ilusión por "traducir un libro que vai ler moitísima xente. Realmente é un derroche de imaxinación que plantexa casos peliagudos á hora de traducir. Destes atrancos, houbo 400.000 porque abondaban os chistes, xogos de palabras. Houbo que darlle moitas voltas", lembra esta licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo.
O caso de "Harry Potter e as reliquias da morte" foi excepcional na historia da literatura e traducións galegas. Lembra a tradutora que era a primeira vez que unha editorial, Galaxia, apostaba por publicar unha obra foránea en galego ao mesmo tempo que saía en castelán.
"Estamos demostrando que a lingua galega é idónea para todos os ámbitos, para competir co castelán. A normalización lingüística é iso. As traducións son moi importantes", explica Daniel Saavedra, tradutor de "O neno do pixama a raias" de John Boyne editado por Faktoria K. O mozo móstrase "contento" coas vendas da súa obra que se situou entre as máis solicitadas do Nadal. "Está indo moi ben en comparación coas outras traducións e mesmo compite coa publicada en español. Iso é estrano", engade. En xeral, as traducións ao galego sofren a limitación do mercado: tres millóns de posibles lectores na comunidade fronte aos case 40 en español do Estado. Esa diferenza márcase tamén nas cifras. Informan desde Galaxia que unha tradución con boa resposta en Galicia pode chegar a tres edicións. É o caso de "A república dos soños" de Nélida Piñón, na versión galega de Carme e María Dolores Torres.
Estas dúas irmás tamén contan con outro "bestseller" da tradución ao galego, "Xuntos e máis nada" de escritora Anna Gavalda, que leva xa dúas edicións, é dicir, 4.000 exemplares en total.
Milleiros de anécdotas
O éxito dunha tradución non só reside na obra en si mesma senón na habilidade da persoa encargada para adecuala ás verbas da segunda lingua. Nesa transformación, o tradutor bota man de mil e unha ferramenta.
No caso de Daniel Saavedra, mesmo dos achegados: "En `O neno do pixama a raias´ había palabras que resultaban bastante complicadas xa que non procedían do inglés senón que eran supostos termos do alemán pasados ao inglés. Así que tiven que preguntar a tradutores de alemán para logo buscar eu palabras parecidas no galego".
No caso de Eva Almazán, para "O castelo branco" de Pamuk, o traballo realizouno mediante unha co tradución "a catro mans: "Eu aportei as miñas competencias lingüísticas en galego colaborando co tradutor turco Aykan Bartug que vive en Compostela. Foi unha especie de simbiose".
Este tipo de colaboracións poden resultar verdadeiros divorcios, segundo Almazán: "Hai xente que discute por cada palabra pero, en realidade, ter dúas opinións, sempre enriquece", opina Almazán quen se iniciou na tradución tras obter a licenciatura con obras de Agatha Christie para Galaxia. Para esta profesional, a tradución de sagas débese realizar "cun glosario para evitar incoherencias". Facilita a recomendación quen traduciu un dos volumes de Harry Potter.
Por suposto, desde a Facultade de Tradución de Vigo tamén se facilita o labor cun corpus en internet. "O corpus é unha colección de textos nunha lingua con traducións literarias o que permite buscar unha palabra e atopar a solución", explica Lara Domínguez. Noutros casos, a tradución precisa do paso do tempo para expremer os miolos. "Ás veces, hai unha frase dándoche voltas, estás lavando os dentes e, de súpeto, lembras e dis `pero se hai un expresión en galego para iso´", sinala Emma Lázare, Premio de Tradución Plácido Castro.
Ao igual que Lázare, outros profesionais non necesariamente se licenciaron na carreira de Tradución. "Ata hai un ano, lembra David Gippini, eu era xornalista. Miña nai era francesa así que ás veces facía traducións para completar o soldo. Cando no 2002, se convocaron prazas para tradutor xurado, presenteime e aprobei. Chegou un momento, no que non o puiden compaxinar co xornalismo e pedín unha excedencia", lembra o tradutor da obra maldita "Cuspire sobre as vosas tumbas" de Boris Vian.
Outro exemplo é o escritor Xurxo Borrazás, licenciado en Filoloxía Inglesa e tradutor espóradico porque como el di "é un traballo moi mal pagado para o que é. Pagan máis por traducir unha acta dun congreso que por un libro. É un contrasentido".

Gastronomía


Auguste Escoffier
Auguste Escoffier

Auguste Escoffier, padre de la cocina moderna

El que fue cocinero del Titanic y trabajó con el hotelero Ritz, introdujo los conceptos de la...

El calabacín

Cocina sana: El calabacín

Verde oscuro por fuera y blanco por dentro, esta verdura encierra en sus carnes propiedades...

Salpicón de bogavante

El cerebro, un ´gourmet´ al que enloquecen las sorpresas

¿Por qué los niños no soportan las verduras y (casi) siempre hay hueco para el postre?

Panna Cotta

Panna cotta: el flan blanco

¿Qué tiene la cocina italiana que hasta la panna cotta se impone al flan tradicional?


Tartaletas de berenjenas

Berenjena, una verdura con carácter mediterráneo

La berenjena, con toques dulzones y sedosos, es uno de los manjares más apetecibles para un buen...

Foie

Los derivados del pato, materia prima para mil y una recetas

Los derivados del pato, una delicia que hay que saber tratar para conseguir lo mejor del producto

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya