"Kamikaze" gasta pista

 
Malabarismos, acrobacias, maxia e moito teatro, condimentos de "Kamikaze". / pistacatro
Malabarismos, acrobacias, maxia e moito teatro, condimentos de "Kamikaze". / pistacatro 

A obra de Hernán Gené achega a Vigo o teatro do novo circo galego

M. M. / VIGO Varios artistas dun circo deciden honrar a un compañeiro morto, cada ano dun xeito diferente. Nesta ocasión, un personaxe especial aparece na escena, na cerimonia, cuestionándose todo e liándoo todo. "Kamikaze" é este enredo cómico a cargo de sete artistas de Pistacatro, nunha coprodución co Centro Dramático Galego.
Trala estrea o pasado ano en Compostela e trala viaxe ao berce do novo circo na cidade condal, ao fin "Kamikaze" chega a Vigo hoxe (20.30 horas), ao Teatro Caixanova para que o público de cero a 110 anos goce da música en directo, as acrobacias, os malabares, o teatro, a maxia, o escapismo e moitas sorpresas.
"O que pretendemos é que a xente pase un bo rato, con pingas de crítica, que teña unha hora e media chea de risas, asombro...", explica Xavier Mera, un dos actores.
Mera leva unha mensaxe de aclaración. "Encadramos o que facemos no novo circo pero de ningunha maneira no circo (clásico). Usamos técnicas circenses pero para contar historias", explica.
O voceiro da compañía recoñece que o espectáculo (unha obra de Hernán Gené) foi un reto así como "un risco a moitos niveis. Asumimos técnicas artísticas arriscadas pero a nivel financieiro, persoal e artístico tamén foi unha valentía".
Por suposto, tanta novidade chocou coa rede dos teatros galegos afeitao a espectáculos máis doados. "Certamente, estamos a ter problemas que son solventables pola vontade da compañía porque os teatros a día de hoxe non están preparados para cousas como estas, do circo. Hai problemas coa altura, co espazo...", describe Xavier Mera.
Desde Pistacatro, pensan xa no novo proxecto: "A aposta creativa para este ano queremos que sexa de rúa, un show itinerante, `Anxos e demos´, no cal haberá técnicas circenses e música en directo para levalo por toda Galicia". De momento, aínda queda tempo para descubrir "Kamikaze", o salto do novo circo galego áos escenarios cómicos galegos.

  HEMEROTECA
El autor de "Arrugas" y "Memorias de un hombre en pijama", Paco Roca, ha contestado a las preguntas de los lectores FARO.  Consulta el chat »

Gastronomía


Pezas de portela 2009, Godello-Valdesil
Pezas de portela 2009, Godello-Valdesil

Pezas de portela 2009, Godello-Valdesil

ezas de Portela 2009 es un laberinto por el que no sufrimos por salir, sino hacia el que queremos...

Tosta de queso y pimientos.

Tosta de queso y pimientos

Te presentamos esta deliciosa receta, muy fácil de preparar

Brochetas de pulpo con jamón

Brochetas de pulpo con jamón

Descubre cómo preparar esta deliciosa receta de una manera muy sencilla

Stratvs Malvasia.

Stratvs Malvasia naturalmente dulce

¿Por qué los vinos importantes nos transforman, nos hacen más lentos para poder entretenernos...

Ensalada americana.

Ensalada americana

Para el calor lo mejor son platos frescos y ligeros que faciliten la digestión

Vecinos de Cangas, ayer en una terraza del centro, degustando una de las tapas con mejillones y algas.  // Gonzalo N.

De tapa en tapa

La II edición de la Feira da Tapa arrancó en Cangas y se prolongará hasta el día 8 con una ruta...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009