"Tocar nunca pode ser unha rutina"

 
O 27 de Nadal de 2006, Siniestro cumpría en Vigo 25 anos.
O 27 de Nadal de 2006, Siniestro cumpría en Vigo 25 anos. R.GROBAS

Julián Hernández relata en primeira persoa o concerto na Joey Eslava, a antítese das salas rockeiras da capital

REDACCIÓN / VIGO Eran as 21.35 horas de onte e Julián Hernández e os seus rapaces de Siniestro Total chegaban ao hotel de Bilbao, cidade -máis ben cita obrigada do tour- onde proseguirán hoxe a súa xira tralo concerto do mércores en Madrid. O leit-motif, aínda que Hernández o rexeite, a promoción de "Que parezca un accidente", un dobre CD e DVD co documental da súa historia e o concerto do 25 aniversario.
Vai máis alá das nove e media e Julián Hernández afronta para FARO a difícil misión de ser o cronista do su propio concerto. Como primeiro paso, unha aclaración: "Realmente o concerto de Madrid non foi o principio da xira que comezamos hai dez días en Tui tocando no Metropol". A continuación, en primeira persoa, o resistente dos Siniestro inicia a súa crónica:
"O de onte (en referencia á noite do mércores) foi un concerto máis ou menos, como se vexa. Non tiñamos previsto sacar o disco que é o bonus track do documental de Mikel Clemente con material do Sachmo de Vigo e do Rock Ola de Madrid. Non había pretensión de aniversario.
Nin Beatles nin Cristo
O DVD é o resultado da noite do 27 de decembro 2006, cando ás 22.00 horas no cine Salesianos, tocamos (como o seu primeiro concerto de hai 25 anos atrás). Nin Beatles nin Cristo bendito fixeron tal cousa. Aproveito para meter presión para que o Concello preserve o Salesianos. Acaba de saírme un chiste. Poden asfaltar a ría, pero que o fagan con coidado, salvagardando o Salesianos como centro neurálxico de Vigo.
Que se comezamos o concerto de Madrid con `Cuanta puta y yo que viejo´? Non, non. Esa era unha frase dun amigo de meu pai. Onte (mércores) empezamos cun rollo asturiano `Cuenca minera borracha y dinamitera´. Con isto do 11-M, podíanse ferrir sensibilidades pero esa frase foi feita hai quince anos.
Despois seguimos co repertorio, por suposto, ao público gustoulle temas como `Miña terra galega´, `Bailaré sobre tu tumba´... que funcionan sempre.
Apareceu polo camerino Alberto Torrado, primeiro baixista de Siniestro así como moitísimos amigos. Alí, estaba un pouco a emigración galega de Madrid: Antón Patiño, Menchu Lamas, Sergio Pazos... os medios galegos Juanjo de la Iglesia, Jesús Ordovás... Tamén Josele Santiago.
Nin de coña invitamos a ninguén ao escenario! Ese permiso só o ten Mikel Clemente (o encargado do documental sobre a banda) saiu bailando no escenario do Metropol con americana e gaiumbos. El ten permiso para facer de todo con nós.
Cada noite é distinta
Tocar no escenario nunca pode ser rutina, se houbese algunha rutina probablemente non o fariamos. Cada noite é distinta, cada noite é unha historia nova.
Pregúntanme como iamos. De negro, non, de azul marino. Saímos como señores, que xa temos unha idade... Nunca estiveramos na discoteca Joey Eslava e xamais poderiamos tela pisado nin entrado se non fose polos músicos que tocan. Se non fose porque tocábamos, os gorilas da porta non non tiveran deixado pasar á sala de `Aquí hay tomate´. Que quede claro que alí Vigo estivo.

El escritor Arturo Pérez-Reverte.
El tuit de Pérez-Reverte a la Fundación de Derechos Humanos que ha incendiado las redes

El tuit de Pérez-Reverte a la Fundación de Derechos Humanos que ha incendiado las redes

El escritor respondió de forma curiosa a una apreciación de esta organización a un mensaje en...

Trump provoca la risa al mirar el eclipse sin gafas

Trump provoca la risa al mirar el eclipse sin gafas

El mandatario estadounidense ha recibido las críticas y chistes de Twitter por su insegura acción

 
Enlaces recomendados: Premios Cine