farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Galiza non se vende
 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
X.L. Méndez Ferrín
Houbo un tempo, xa moi recuado, no que o chamado "ecoloxismo" foi en Galicia un eco, ás veces mimético, das grandes liñas internacionais da corrente "verde". Daquela falábase moito do estrés que podían sufrir as troitas cos motores do catamarán do Sil, do problema das pillas, da promoción do reciclado do papel e da defensa das baleas. Hoxe, os asuntos que atinxen á conservación da natureza céntranse máis certeiramente nas necesidades do país e unha vivencia real da biodiversidade converte en tan importante a preservación dunha especie de insecto ou dun microorganismo como a protección dos grandes, vistosos e cinematográficos cetáceos. E sobre todo, o novo conservacionismo galego dase a man coa análise da predación económica do nos o país por parte do que só pode ser chamado capitalismo colonial e resulta un movemento amplo e plural moi ben arraizado nas localidades e ao mesmo tempo comprensivo de toda Galicia como realidade diferenciada.
Non podemos esquencer que en 1964 xa a esquerda nacionalista (UPG) escomezara as súas accións directas e propagandísticas contra o sistema franquista combinando unha defensa da Terra e da auga do Miño coa denuncia do capital colonial e do capital monopolista de Estado no conflicto de Castrelo de Miño. Fagan memoria histórica.
Constituido o movemento Galiza non se vende, a lista dos obxectivos e puntos de denuncia é varia e céntrase no corazón magoado da nosa realidade natural e social: marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plan acuícola devastador, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, plan eólico contra-natura, destrucción e privatización da Tarra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías (Ruina Montium actualizada), industrias nocivas (Reganosa, Ence, etc.), sistema de transportes primitivo e insostíbel, especulación xeneralizada, extinción programada da agricultura, pobreza de espazos naturais protexidos e abandono dos que hai, desprotección do patrimonio arqueolóxico, especialmente do prehistórico.
Estes e outras formas de malestar van sair a rúa na manifestación de Galiza non se vende do domingo 17 de febreiro. Coma nos grandes acontecementos patrios, desde o 25 de Xullo de 1968, a cita é á mediodía na Alameda de Santiago de Compostela, porque os sitios teñen memoria. Compre fixarse nisto: unha boa parte das críticas teñen como receptora a actual Xunta de Galicia, e estamos dentro dun acidulado clima electoral. Ao mesmo tempo, esta non vai ser unha manifestación en favor da bugallalismo e do franquismo de Rajoy Brey e do PP recuante e salaz. Todo o cal proxectará sobre os manifestantes de Galiza non se vende un feixe de luz rara. Eu espero que todo, os presentes e os ausentes, se decaten de que a protagonista da manifestación será non a "sociedade civil", nin a "cidadanía", senón algo tan distante desta palabra ou verba choca como é o Pobo Galego. Que o hai e está dotado de conciencia, anque a algúns lles doa na ialma.
COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Vehículos de Ocasión | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009