farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior    

As promesas dos nosos políticos

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Xabier Garrido Carrera, Oia

Nunha reunión mantida pouco despois das riadas no ano 2006, o señor Suárez Canal díxonos aos alí presentes (políticos e representantes das comunidades), que traería cartos para o Concello de Oia pero quería que eses chegaran aos afectados. Pois pasado máis dun ano algúns dos afectados seguen sen recibir o prometido.
A miña sogra, unha muller como moitas no agro galego que traballa o campo e a pensión de viudedade que cobra apenas dá para mantela. Nas riadas afogáronse todas as galiñas, o porco enfermou e casi lle morre, a auga tiroulle un muro e deixoulle dañadas as cortes dos animais. Aínda está esperando.
Por Oia paseáronse uns funcionarios da Xunta, relacionando os daños e explicándolles a xente os pasos a seguir para cobrar axudas. A Zulema, que así se chama a miña sogra, dixéronlle que as galiñas non as podería cobrar (xa os veciños nun acto solidario encargáronse de repoñer o galiñeiro con creces). En canto ó muro, que o fixera, que enviara a factura a Xunta e que eles lle ingresarían os cartos. Meses depois de con moito esforzo económico rematar o muro, falou conmigo porque seguían sen mandarlle o diñeiro. Póñome en contacto cun dos funcionarios que estivo por aquí e dime que marcha de vacacións pero que á volta recibiremos unha carta coa resolución. Meses despois e fartos de esperar teño que acudir a ese desagradable sistema galego de solucionar os problemas. Acudo a un amigo que é diputado provincial, e pídolle un favor persoal, este xestiona o tema obtendo exactamente o mesmo resultado, o mesmo funcionario marcha de vacacións pero á volta recibiremos unha carta.
Eu non sei se a culpa é da Xunta, do Concello ou nosa por creer nos políticos pero vou votar en branco nas próximas eleccións. A miña sogra ten setenta e tres anos e por desgracia non lle queda moito que votar, eu, máis xoven, non penso incentivar co meu voto a carreira de algún policastro nin as vacacións dun funcionario que realizou mal o seu traballo: nunca máis

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Utiliza más el transporte urbano desde el comienzo de las obras?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
24%
No 76%
   
¿Es aceptable la idea del Concello de abrir bares con copas más baratas para frenar el botellón?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
77%
No 23%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas