DIONISIO PEREIRA, historiador: ´Só se resarciu a sindicatos e a políticos, non aos particulares´
 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O historiador Dionisio Pereira. / RAFA VÁZQUEZ
 
 MULTIMEDIA
S. R. / PONTEVEDRA Cómo se exterceu a represión entre o ano 1936 a 1940 é o obxecto de estudo do proxecto As voces, os nomes, os lugares do que Dionisio Álvarez é un dos coordinadores. Tratase dunha investigación das tres universidades galegas coa idea de sinalar á administración as víctimas e aqueles espacios máis vinculados ao terror.
-Coordina vostede o principal estudo que se fai sobre a represión en Galicia. Hai novidades no caso da provincia de Pontevedra?
-Eu coordino o proxecto As voces, os nomes, os lugares na provincia de Pontevedra e imos presentar agora os datos na Xuntanza da Memoria que vai haber o vindeiro día 13, ahí presentarase unha listaxe de en torno a 15.000 persoas represaliadas en toda Galicia. Eses datos son en toda Galicia e en Pontevedra aínda non o sei porque as cifras desagregaranse o vindeiro luns.
-Como se exerceu esa represión?
-De múltiples xeitos, en xeral non hai diferenzas dunha provincia a outra, ou ben é unha represión digamos por medio de métodos "legais", e decir a legalidade derivada do bando de guerra, fusilamentos a partir de consellos de guerra, ou ben o que chamanos a represión extraxudicial, os famosos paseos. A relación entre unha e outra é de un sesenta a corenta aproximadamente a favor dos asasinatos extraxudiciais, hai máis paseos que fusilamentos, por decilo así.
-¿A cidade de Pontevedra centralizou a xudicial e a extra xudicial ou somentes unha parte?
-É dificil de determinar, nas provincias de Pontevedra e de Coruña é onde máis volumen de represión houbo, tamén porque son as máis poboadas, e a porcentaxe máis ou menos é esa de 60 a 40, que está saíndo en todos os sitios.
A longa postguerra
-O proxecto As voces, os nomes os lugares remata no ano 1940. Como seguiu na postguerra?
-Nos anos cuarenta a represión ven máis derivada da presenza da guerrilla sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense e en menor medida na Coruña e na que menos en Pontevedra e cambia, aparece outro tipo de figura: os expedientes de responsabilidades políticas que é a represión económica. Cando decimos que a represión é múltiple non é solo porque sexan persoas que están mortas, son persoas acusadas en consellos, encadeadas ou presas gubernativas, e decir sin causa que poden estar anos sin ser procesados e sin causa. E logo está todo un tipo de represión económica que van desde os roubos que se produciron nos primeiros momentos ata incautacións nos primeiros anos da guerra civil e que posteriormente son refrendadas no ano 1939 coa Lei de Responsabilidades Políticas que da lugar a que se incoen numerosos expedientes por responsabilidades políticas onde os resultados son incautacións, ben en diñeiro (multas) ou en bens, terras ou casas.
-As asociacións de víctimas plantexan como reivindicación a restitucións de bens. É posible seguir o percorrido desas propiedades e restituilas?
-A actual lei non contempla esa posibilidade, é unha das eivas que se plantexou concretamente. Aquí só se resarciu ás centrais sindicais e aos partidos políticos, ao mellor non na cantidade que eles terían querido pero sí en certa medida; a nivel particular non, estamos falando de persoas coma Elpidio Villaverde que foi deputado por Pontevedra por Izquierda Republicana, unha persoa acomodada á que se lle incautaron varias fábricas de salazón, un aserradeiro, tres embarcacións etc. E no caso de Manuel Portela Valladares, unha das persoas sobre as que se fala neste congreso, incautaronlle ademais da casa e outras propiedades, o xornal, El Pueblo Gallego, que chegou ata os anos setenta e foi reconvertido en voceiro da Falange a nivel galego. No capítulo das incautacións non hai unha resolución política mínimamente xusta para as persoas que sufriron este tipo de medidas, é un tipo de represión se se quere menos vistosa pero que obligou a moitísimas familias a, por exemplo, emigrar.
COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
 Buscador vivienda
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anúnciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Está de acuerdo con que los adolescentes y los jóvenes gallegos leen poco y no entienden lo que leen?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
88%
No 12%
   
¿Debería limitarse la investigación con células madre?
  Sí, es un ámbito que debería estar controlado
  No, la única forma de avanzar es mediante la investigación
  No lo sé
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, es un ámbito que debería estar controlado 19%
No, la única forma de avanzar es mediante la investigación 78%
No lo sé 3%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otras publicaciones del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Información  | Diario de Mallorca  | Empordà  | La Opinión A Coruña  | La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review