Carlos Losada Galiñáns, gañador do premio Manuel María de Teatro Infantil: ´A veces ata che parece que estás tolo´

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Carlos Losada onte en Santiago. / xoán álvarez
 

ANXO MARTÍNEZ / CAMBADOS Carlos Losada Galiñáns naceu en 1966 no Brexo (Cambados). Na actualidade traballa en Santiago na compañía Teatro Cachuzo, e o martes foi nomeado gañador do premio Manuel María de literatura dramática infantil pola súa obra "Game Over". Este galardón é concedido polo Igaem (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) e daralle a oportunidade a Losada de publicar o seu primeiro libro.
- ¿Gañar un premio literario é a única maneira de darse a coñecer un autor teatral?
- Agora mesmo si, é a única maneira de publicar o que escribes. E levar a escena os textos de autores galegos non publicados tamén resulta moi complicado.
- ¿Esa circunstancia motiva que a "soidade" dun autor teatral sexa aínda máis dura que a dun novelista ou dun poeta?
-Imaxino que o deles tamén debe ser un longo camiño polo deserto. Pero no caso dos que escribimos teatro a verdade é que si que é unha travesía polo deserto moi longa. A veces ata che parece que estás tolo.
- ¿Sempre escribiu en lingua galega?
-Desde que empecei no instituto si, porque a relación entre o que escribes e como o escribes ten moito que ver contigo.
-E estando tan complicado o panorama editorial galego, ¿non sentiu a tentación de escribir en castelán para probar sorte en Madrid ou Cataluña?
-A tentación si que a tiven, e algunha vez si que teño traducido algunha obra miña ó castelán para probar sorte en concursos. Pero sempre escribo en galego, porque procuro falar de temas de agora e de xente de aquí.
- ¿Que significa entón acadar un premio como o Manuel María?
-Por un lado é coma se che demostrase que non estás tan tolo. A min deume moito alivio e quitoume moitos medos, porque notas publicamente que fas algo que ten sentido.
- ¿O teatro está condenado a ser un arte minoritario ou pódese chegar a máis público?
-Eu creo que o arte en xeral, e o teatro en concreto, non vai ser nunca de masas. Pero o que si se pode facer é que sexa popular, levándoo ós colexios e facendo unha programación nos concellos. Facer teatro dende a base é vital.
- En Cambados hai certa tradición teatral. ¿Será posible ver nun futuro unha compañía profesional, ou é moi difícil nunha vila pequena?
-Vivir do teatro é difícil en calquera sitio, porque eso depende moito dos apoios institucionais. Dá igual onde esteas, aínda que é máis cómodo en cidades como A Coruña ou Santiago porque estás con máis xente que fai teatro e non te sintes tan só.
- Fale de "Game Over".
-A obra xurdiu como un divertimento pero logo foi tomando corpo. É un divertimento para rapaces que vai sobre a relación entre os nenos e os xogos de ordenador. Para min o que é malo neso é o abuso.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Debe permitirse la legalización del apartotel de Samil?
  Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite
  No, existe una sentencia que obliga a su derribo
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite 21%
No, existe una sentencia que obliga a su derribo 79%
   
¿Debería dejar Corina Porro el Senado para ser diputada autonómica o al contrario?
  Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta
  No, no son puestos incompatibles
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta 69%
No, no son puestos incompatibles 31%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas