Bieito Romero, músico e cofundador de ´Luar na Lubre´: ´Hai que sacar os corsés dos estilos e facer música para o mundo´
 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Luar na Lubre, ao completo, volta ás tendas. O vídeo do seu tema "Os animais" pode verse na súa web.
 
 MULTIMEDIA
MAR MATO / VIGO Luar na Lubre levounos da man por "O son do Ar" no 1988 para despois asomarnos á "Beira Atlántica". Con eles, vivimos o "Plenilunio" e voltamos ao "Cabo do Mundo". Agora, no 2007, Bieito Romero e os seus retornan abrindo hourizontes e mentes cun álbum intenso e extenso (14 composicións gravadas en cinco meses). Desta vez, a súa proposta é pasearnos polos "Camiños da fin da terra". A vindeira semana, presentarán esta nova obra a piques de chegar ás tendas de discos.
- "Camiños da fin da terra", dá que pensar.
- Leva ese nome porque estamos nun lugar xeograficamente falando onde acaba o mundo coñecido ata hai pouco tempo. Queremos traballar esa Galicia máxica coñecida superficialmente pero que é moito máis coas súas profundas tradicións, personaxes misteriosos a través dos tempos e a través dos camiños que levan ao fin da terra.
- ¿Que destaca deste álbum?
- Quizais o máis chamativo sexan as versións, entre as que hai unha de Status Quo. Hai que sacar os corsés dos estilos para facer música para o mundo, para o país.
- Como a de "Os animais" que está a rachar en YouTube.
- Esta versión é a punta de lanza para un traballo adicado aos nenos. A canción máis o vídeo levan unha semana en YouTube onde leva 18.000 visitas.
- Así que non é agoreiro coa Internet.
- Nas tecnoloxías dixitais, temos moita esperanza. Vai ser un disco moi divulgado na rede que restará ao CD físico pero iso é moi difícil de controlar. É moi complicado vivir da música. O avance na dixitalización foi bárbaro pero deu pé a unha crise no mercado polo que as compañías cada vez apostan menos polos grupos.
- Pero vostedes teñen un púlico fiel.
- Sí, pero en Galicia é cada vez máis complicado tocar. A xente retrotráese á hora de contratar folc. Desgraciadamente, non se está apostando nada polo folc nin desde as institucións, nin desde as produtoras. A xente vai aos concertos se non paga. Estamos nun país de subvención total. Hai que dar o paso e que os programadores perdan o medo a cobrar a entrada.
- Tras tantos anos, arrepíntese de ter deixado algo atrás?.
- A formación que está na actualidad ten unha grande empatía.Non me arrepinto de nada, os tropezóns que houbo seguiron para seguir para adiante, reflexionar e recoñer os erros.
- O faro da portada, é o de Cabo Vilán?
- Sí, este faro da Costa da Morte simboliza a fin da terra. A portada aparece en vermello por un solpor. Temos que aproveitar estes recursos da natureza.
COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otras publicaciones del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Información  | Diario de Mallorca  | Empordà  | La Opinión A Coruña  | La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review