farodevigo.es » Comarcas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
REDONDELA

Unha volta ao tempo da malla

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Os sorrisos non faltaron na malla do centeo. / M. NÚÑEZ
 

Veciños de Saxamonde rememoran o traballo tradicional da malla do centeo e celébrano con sopas de burro cansado.

IVÁN LEIS / REDONDELA Nenos e maiores tiveron onte en Saxamonde a oportunidade única de participar dun dos traballos esquecidos do agro galego: a malla do centeo. Era tradicional polo mes de agosto que os veciños se xuntaran para facer saír o gran do cereal e separalo da palla, ben manualmente, con paus, ou por medios mecánicos, coma onte fixeron no campo de fútbol da parroquia.
Esta demostración da malla foi unha idea da Asociación Sociocultural "Chan das Pipas". O membro da directiva Paulo Jablonski conta que "queriamos facer unha actividade diferente en verán e como contabamos cunha malladora mecánica dun veciño, aproveitámola".
O pasado febreiro plantaron en varias eiras o centeo. "Hai unha semana fomos recollelo e trouxémolo en tractores", conta Pablo, mentres axuda a meter o centeo na malladora. "Estas máquinas empezaron a usarse a principios do século XX pero precisan igualmente do brazo humano, do apoio de todos os que queiran participar".
O premio aos asistentes foi unha bebida, tamén a piques de esquecer: as sopas de burro cansado. Feita con viño, pan e azucre, "é fresca e invita ao desprendemento da lingua e ao baile", explica o organizador.
Neste ambiente lúdico non podía faltar a música, que puxo o grupo de gaitas "Terra Meiga" de O Viso.
Animados polo traballo e as sopas, os membros de "Chan das Pipas" rematan a festa co orgullo de ter recuperado un intre da cultura labrega, unha vella actividade campesiña que é patrimonio etnográfico.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Debe permitirse la legalización del apartotel de Samil?
  Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite
  No, existe una sentencia que obliga a su derribo
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite 21%
No, existe una sentencia que obliga a su derribo 79%
   
¿Debería dejar Corina Porro el Senado para ser diputada autonómica o al contrario?
  Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta
  No, no son puestos incompatibles
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta 70%
No, no son puestos incompatibles 30%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas