farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
OS CAMIÑOS DA VIDA
 

Líster e os galegos no Exército Republicano

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

A asociación A Oliveira de Teo anda nun labor de fixación na memoria nacional do rostro humano e da figura histórica do xeneral e comunista Enrique Líster, nativo de Ameneiro (Calo), lugar daquel concello do hinterland da Compostela que, simultaneamente, proxecta unha rúa para Fraga Iribarne. | X.L. MÉNDEZ FERRÍN

X.L. MÉNDEZ FERRÍN A asociación A Oliveira de Teo anda nun labor de fixación na memoria nacional do rostro humano e da figura histórica do xeneral e comunista Enrique Líster, nativo de Ameneiro (Calo), lugar daquel concello do hinterland da Compostela que, simultaneamente, proxecta unha rúa para Fraga Iribarne. O que nos leva a pensar que se ben todos os interesados saben que Líster mandou contra Franco o 5º Rexemento, a 11ª División e o Corpo do Exército que se bateu no Ebro, encóntrase en estado difuso a idea de participación dos galegos como tales na historia militar daquela guerra que o xeneral de Calo non quería chamar "civil" e con moita razón.
Foron moitos os galegos que, estando presentes o 18 de Xullo na zona que se consolidou leal, se uniron ao seu exército. Algúns deles foron de nome literario ilustre, como Carballo Calero, Guerra da Cal ou Rafael Dieste, quen renunciu ás tarefas de propaganda e empuñou con honor o Mauser de soldado raso. Sábese de moitos centos de segadores galegos en Castela que colleron as armas, maiormente so o mando de Líster. Coñécese o feito de que os galegos constituíron o meirande continxente de soldados de Franco que, por principios, se pasou ao exército republicano, seguido en número polo dos canarios. Un dos combatentes que mudou de bando foi o galeguista Ramón de Valenzuela, que contou o episodio na novela Non agardei por ninguén. Non se contou, por contra, a historia do tamén galeguista Vicente Hermida, o cal se pasou no primeiro intre aos gudaris do PNV para, logo de feito prisioneiro con nome suposto vasco, ser fusilado en Camposancos. O ponteareán Benavides conta a xesta dos mariñeiros, cabos e oficiais de Máquinas galegos que se fixeron cos grandes buques da Armada e os puxeron ao servizo do Estado Maior da República. E non debe esquecerse o oficial de aviación, máis unha vez galeguista, Elixio Rodríguez, que se pasaou á zona republicana co seu caza e a través de Gibaltrar.
En canto aos galegos organizados como tales no exército republicano foi sempre moi lembrada a existencia do Batallón Galego do 5º Rexemento de Líster, mandado polo tamén nacionalista galego (da USG dirixida por Xohán Xesúas González, fusilado) comandante Esturao. Esta unidade arboraba a bandeira de combate azul e branca con estrela vermella e editaba unha revista propia titulada Nueva Galicia na que se incluían colaboracións en galego de Cabanillas. Sen embargo, poucos recordan o Batallón Celta que, promovido pola CNT dentro da disciplina do Exército de Euskadi, mandaba un esquecido e descoñecido para min Comandante Fernández. O Celta estaba integrado por mariñeiros da mercante e de pesca e, en xeral, por traballadores galegos en Euskadi.
Ocorre que é máis ou menos coñecida a Solidaridade Galega Antifeixista, órgano político dos galegos durante o conflicto bélico, que Lois Soto (comunista) creara co apoio de Castelao (galeguista). Pro o estudo da participación galega na Guerra en canto que continxente nacional e á luz da Historia Militar aínda está por facer. Por suposto, esta crónica dos galegos organizados nos frentes de combate é inseparábel da crónica das guerrillas organizadas na Galicia ocupada que prolongaron a loita contra o franquismo e a guerra de España máis alá de 1939 e en forma de Resistencia.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Debe permitirse la legalización del apartotel de Samil?
  Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite
  No, existe una sentencia que obliga a su derribo
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite 21%
No, existe una sentencia que obliga a su derribo 79%
   
¿Debería dejar Corina Porro el Senado para ser diputada autonómica o al contrario?
  Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta
  No, no son puestos incompatibles
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta 71%
No, no son puestos incompatibles 29%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas