farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
DE BOLINA
 

Local hero

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

"Na Galiza que deseñan algúns, na que gobernan.que lugar ocupamos?" | XOSÉ RAMÓN PENA

XOSÉ RAMÓN PENA Creo que nacín para ser vagabundo, creo que sempre fun unha alma errante./Pero un día, cando remate a niña vagabundaxe, atoparei o meu lar (...) Do mesmo xieto que as estrelas errantes teñen saudade e están soas,/así tamén teño saudades e estou só; o solitario que son eu".
Sen dúbida, os sempre moi amables -á vez que instruídos e memoriosos- lectores destas crónicas semanais son quen de lembrar, se non a cita concreta, si o lugar preciso de onde esta procede: trátase duns versos da canción que canta, e baila, Victor Pinoctokin -personaxe encarnada con singular mestría por Christopher Rozicki- no film que, en 1983, dirixiu Bill Forsyth, "Local Hero", e que contaba cunha impagable banda sonora da man de Mark Knopfler. "Local Hero" -"Un tipo genial", entre nós-: rodada en Pennan (Escocia), os versos da canción, á súa maneira, tal semella que algo si teñan que ver con esoutra cidade onde habitamos e aínda co carácter que esta terra acaba, ou acabará, por nos imprimir. E se tal non é, pasen e vexan.
Verán Vdes: alguén que pasa por ser amigo, paisano -ao cabo, el e mais quen isto escribe somos nativos diso que algúns denominan "a nosa Turquía enxebre"; ou sexa, as afastadas (!?) terras do norte, tan só que o meu colega segue a habitalas e este menda/lerenda leva por acó camiño de trinta primaveras/outonos- e aínda compañeiro nesta arte, profesión/devoción de construír crónicas, vai e espétame hai apenas uns días o que segue: "É que vós, os vigueses, -agradézolle que me sinalase a nacionalidade adoptiva!- sodes "a leche"! Tan logo ides de "sobrados", considerando que Vigo vén ser algo así como o embigo do mundo como considerades que a ninguén aldraxan, denigran, desprezan, humillan... tanto coma a vós. Mesmo chegades a ver inimigos por todas as partes: en Madrid, na Coruña, of course!, en Santiago, en Ourense, como non?.... incluso os vosos (teóricos) irmãos da outra beira non vos parecen, ás veces, xentes dignas de confianza. Pois ben, meu prezado amigo: semellante complexo ten un nome: trátase do máis puro e duro dos localismos. ¡Qué lo sepas!"
Desde logo, non será este modesto cronista quen lle vaia negar ao meu interlocutor, e tamén cronista, -por máis sinais, nun medio de comunicación do norte deste país- a súa parte de razón. Ao cabo, a tendencia pendular -para nada, exclusiva destas terras- amosa entre nós a súa espectacularidade: efectivamente, somos quen de proclamar a nosa fachenda -"a primeira cidade de Galiza", "o motor de Galiza"-, considerando méritos os nosos peores defectos e así o ruído, a improvisación, a estridencia -Vigo, "cidade de estrépito", como vén de definila Manolo Bragado- constitúen, seica, probas de "una urbe moderna, llena de dinamismo y pujanza"; somos quen diso, digo/escribo, como interpretamos que padecemos, en rigorosa exclusividade, todos os males e desgrazas a se propagaren por España e as súas nacións, rexións, tribos, arquipiélagos, colonias e arrabaldes adxuntas. Fieis a un infantil "culo veo, culo quiero", temos valor para reclamar unha ducia de pontes sobre a ría, dúas universidades máis, tres estacións para trens/comboios transoceánicos... aínda que logo -véxase o "Verbum", o Museo do Mar, o estado das instalacións da Etea e etc, etc, etc.- non saibamos moi ben que raios facer con elas. En fin, somos como somos...
Daquela... de veras, non temos remedio? É, o noso, puro e duro delirante localismo?
"É que, sabes? -explícame de novo o meu colega do norte-, a opinión de Vigo non chega moito por aquí arriba". De certo, non tería a menor importancia se tal afirmación se referise tan só a estas humildes crónicas ou procedese tan só do meu interlocutor. Porén, podo dar fe de que máis de un -e de dous- teóricos responsables da cousa pública sosteñen idéntico parecer: "É que, en Santiago... xa sabes que o que escribides en Vigo..." O que escribimos, si; pero tamén o que reflexionamos, o que proxectamos, o que organizamos, o que construímos e, xa que logo, o que, con xustiza, reclamamos. Pídennos que pensemos no conxunto de Galiza, pero na Galiza que deseñan algúns, na Galiza que gobernan, ou aspiran a gobernar... que lugar ocupamos? Non estaría nada mal que algunha vez, ás claras e sen reviravoltas, nos explicasen que é o que teñen pensado para nós. Quen sabe? Ao mellor, hai plans marabillosos que descoñecemos por completo e que virán, de vez, curar o noso incurable localismo!
Pero mentres tal non acontece é de temer que a cousa siga como está: enrocados nós na nosa singular tendencia maníaco-depresiva; acutando como se non existísemos -en realidade, é unha cruel mentira: si que nos len, si que nos atenden, si que se preocupan do que facemos cando afecta directamente aos seus "sagrados" intereses!-, os outros... haberá algunha sorte de fronteira invisible á altura do Lérez? Como na cita de "Local Hero", nacemos nunha cidade vagabunda. Pero até as estrelas máis solitarias e errantes queren pusar algunha vez. Ao mellor, abonda con que algunha noite destas o meu colega do norte se digne contemplar o ceo.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Debe permitirse la legalización del apartotel de Samil?
  Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite
  No, existe una sentencia que obliga a su derribo
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite 21%
No, existe una sentencia que obliga a su derribo 79%
   
¿Debería dejar Corina Porro el Senado para ser diputada autonómica o al contrario?
  Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta
  No, no son puestos incompatibles
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta 70%
No, no son puestos incompatibles 30%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas