Las consecuencias de la innovación tecnológica

As campás perden o latexo humano

Os aparellos electrónicas rematan cun oficio secular: o do sineiro

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Severo fai que toca as campás, como nos vellos tempos.  A.A.L.

Un ferragacho con pezas do tamaño de dúas mans de muller superpostas é comandado por unha cabeza-robot, como os aparellos do excéntrico científico de "Retorno ao futuro". O mecanismo que controla as campás da parroquia ourensá de San Lourenzo de Fustáns quitou o traballo á Ernestina e ao Severo, encargados da linguaxe dos repeniques da aldea dende hai un par de décadas. Non é un feito aillado. A automatización dos campanarios estase a espallar por toda Galicia.

ANA ABAD DE LARRIVA - VIGO "Nin me fastidiou nin me alegrou que puxesen ese aparello". Dío pero a súa cara non convence. Durante as últimas décadas, dende que o derradeiro sancristán emigrou á cidade, a Ernestina e o seu marido Severo encargáranse de dar voz ás campás da igrexa de San Lourenzo de Fustáns -no concello de Gomesende. Porén, hai un ano e medio, o párroco decidiu instalar un mecanismo programable que activase as campás de forma automática e a linguaxe das badaladas é agora executada por un conxunto de ferralla e cables, como está a acontecer en moitos outros puntos da xeografía galega.
"Eu aprendín probando. Antes tocara o Manuel da Casanova, que o facía moi ben, e antes o seu pai, e despois o seu fillo", explica Ernestina. As picadas eran moitas e organizaban o día a día do rural, converténdose tamén en testemuñas dos cambios que durante séculos transformaron a aldea. Aínda que ás veces semelle que San Lourenzo, cos seus vales alfombrados de tépedo forraxe e os seus tellados verdeais, ficase pendurado nun soño antergo. Tocábase ao alba, que cambiaba de hora dependendo da estación do ano; a mediodía o ángelus; e pola noite, a iso das nove, chamábase a oración. As campás, fundidas no ano 1744, tamén actuaban de sentinelas. Se un perigo ameazaba a aldea, o "arrebato", como din eles, esparexíase, resoando no torreiro até chegar ás parroquias veciñas. E, dende a festa dos ovos duros, San Marcos, o 25 de abril, até xuño ou xullo, ao mediodía ou cando ameazase treboada, tocábase a "tronos" para espanta-lo trebón. A "alegría" anunciaba a misa e cando lle levaban o viático a un enfermo, e o toque a defunto, cando había un cadáver na aldea ou cando se celebraba un cabodano.
"Eu non perdín traballo algún, porque eu non cobraba. O sancristán si que levaba a binza, unha medida pequeniña, en millo, unha vez ao ano. Eu facíao para o beneficio do noso pobo", asegura.
Ernestina, pioneira nunha profesión de homes, tocaba sempre dende abaixo. "Faise ben", di, para correxirse: "Facíase ben". E de cando en cando entra na igrexa para ver o reloxo automático que lle sacou o posto. "Non entendo como funciona, as campás tocan elas, tocan, sei que non é un son gravado, pero perdeuse algo", laiáse. O Severo aínda sube ao campanario, como unha gacela nova, polas retortas escadas de pedra vella. Escorrega un par de veces pero mantén o equilibro. Aló arriba ata dúas campás e agarra outra. A forma de toca-lo "alegría. El coñéceos todos, "pero uns mellor cós outros".
O son das campás tamén servía para predeci-lo tempo. "Cando se ouvían as campás de Deva, quería dicir que ía chover", lembra. O novo reloxo perdeu parte desa potencia e a xente que vive no alto do val asegura xa non ouvir nin sequera as propias campás de San Lourenzo. Tocan ás medias horas, e só amolan ás persoas que viven preto do adro e a algún morto de soño lixeiro. Ás vegadas, Ernestina dirixe os seus ollos azuis ao ceo, e párase a escoltar os ecos dunha parte da súa xa case secular historia, que as novas tecnoloxías, non sabe, se rescatan ou rematarán por aniquilar.

COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
93%
No 7%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
53%
No 47%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas