Reconocimiento

"0,7% Molotov" faise co Dieste de Teatro

A obra, sobre as contradicións do compromiso político, foi escrita polo moañés Santiago Cortegoso

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

M. MATO - VIGO A obra 0,7% Molotov que trata con ironía e o humor o tema do compromiso político e a dificultade de adoptalo sen caer en contradicións resultou gañadora onte do Premio de Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
O seu autor, o moañés Santiago Cortegoso, fíxose co galardón, que inclúe un premio de 6.500 euros e a posta en escena da peza. O premio é un dos máis prestixiosos de Galicia neste eido e que en anos anteriores recaeu en obras como A ciencia dos anxos, de Inma Antonio, Final de Película, de Gustavo Pernas ou Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure, esta última gañadora de sete galardóns nos últimos María Casares.
Santiago Cortegoso, aínda que a maior parte da súa traxectoria no teatro ten sido como actor, principalmente, de Teatro de Ningures (na que participará na nova obra, Os cómicos dell´auto, na estrea o día 3 de xullo como espectáculo de rúa na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas), tamén conta con obras de teatro escritas por el. Unha delas, Hamster, será estreada en outubro en Madrid, tras gañar os II Encuentros Magalia. Outros textos seus forman parte tamén do último espectáculo da compañía DisqueDanza baixo o título de Desmemoriados
Para Cortegoso, o Dieste supón un premio "moi importante". Admitiu que "o que máis ilusión me fai é levalo á escena, o que é unha satisfacción".

COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
94%
No 6%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
57%
No 43%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas