farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
os camiños da vida

II-SP: boomerang

X.L. Méndez Ferrín

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Publiquei eu hai moito un conto titulado "Ela, boomerang" que agoa me vén á acordanza. Escribo esta columna despois de o Tribunal das Salesas ordenar a disolución da candidatura ás eleccións europeas Iniciativa Internacionalista-A Solidaridade dos Pobos (II-SP en diante). Eu pensó que esta ilegalización constitúe un disparate político en forma de boomerang mal dirixido. A arma australiana, usada para ferir o que eles chaman "entorno abertzale", ao voltar ao cazador bátelle a este na testa en lugar de ocupar o seu lugar mansamente na man.
Un periódico a fin ao PSOE, El País, editorializa poñendo en dúbida a corrección e necesidade da ilegalización e, nos artículos de fondo, Javier Pradera e algunha notabre asinatura máis sosteñen que o fallo do Supremo é feble e non se base amáis que en indicios non demasiados racionais da afinidade dalgúns compoñentes da listas coa antiga Batasuna. Na realidade, El País e o vello raposo de Javier Pradera están moi preocupados pola ilegalización xa que esta se encontra denunciada no Tribunal de Estrasburgo ao o cal II demandou amparo. Se o Tribunal Constitucional non bota abaixo o fallo do Supremo, sen dúbida Estrasburgo condenará a ilegalización e España amosará de novo diante do mundo a faz sinistra de Torquemada e da Santa Inquisición.
Ninguén cre en España que II sexa unha candidatura encoberta de Batasuna. Moito menos en Galicia. E non falo da FPG, que partipa nas listas, senón de intelectuais como Fernán-Vello ou Dionisio Pereira, este seguido de trinta asinaturas en Vieiros e noutros sitios de internet, nin tampouco da Aula Castelao de Filosofía, entidades e persoas que condenan con firmeza o que consideran un atentado aos dereitos civís, incluidos os dereitos civís dos galegos.
En efecto, II está integrada por persoas e colectivos de todas as nación e territorios do Estado Español e reflecte moi ben unha esquerda realmente existente, no plano intelectual, nos movimentos sociais, na esquerda obreira xenuína, que inclúe os nacionalismos galego, vasco e catalán pero que os reborda e anchea. Se cadra o medo a unha verdadeira esquerda solidaria en todo o Estado servise de estímulo para esta ilegalización. En todo caso II non é unha Galeuzka segundo o modelo histórico tan caro a Castelao, nin unha Galeuscat. II é unha alianza dos pobos de e nacións de España anticapitalista en tempos de crise. Alianza que defende o principio de autodeterminación que non está na Constitución española pero si no consenso democrático internacional e na letra e no espírito das Organización das Nacións Unidas. Os componentes de II son cosiderados perigosos polo goberno de Madrid e este move os órganos xurídicos que dependen exerarquicamente do executivo (Avogacía do Estado e Ficalía) os cales lle apresentan a unha sala ad hoc do Supremo un documento mal construído, apresurado e redactado, con palabras de cafetín (fálase de "infección", de "banderín" de engache" lexionario…).
Ora ben: esa sala, especializada en grandes disidencias, cunha Lei de partidos ben anti-democrática na man, non consigue unanimidade no seu fallo. De 16 membros, 5 maxistrados votaron en contra da ilegalización de II. Non houbo unanimidade. O boomerang, no intre mesmo do fallo do Supremo, comezou a virar na dirección da testa do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
En todo caso, se o Constitucional non recompón o erro, verémonos en Estrasburgo.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Utiliza más el transporte urbano desde el comienzo de las obras?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
24%
No 76%
   
¿Es aceptable la idea del Concello de abrir bares con copas más baratas para frenar el botellón?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
76%
No 24%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas