O galego que se le no mundo

A Capela acolle unha mostra de libros galegos traducidos a outras linguas

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Xosé Martínez, Henrique Harguindey, Salvador Castro e Ramón Rocamonde. // Gonzalo Núñez 

A comarca do Morrazo conmemora o Día das Letras Galegas cunha variedade de actos. Entre eles está o traballo feito polo grupo de catro docentes do IES María Soliño de Cangas que foi recopilando polas editoriais e embaixadas do mundo os libros galegos traducidos a outras linguas como o árabe, xaponés, macedonio, grego... Un traballo ardúo que non sempre tivo resposta por parte das embaixadas. Só catro, entre elas Grecia, contestou ó requerimento. Os linguistas atoparon máis de 50 obras galegas traducidas que se exponen desde mañá na Capela do Hospital canguesa.

CRISTINA G. - CANGAS Hoxe é posible ler "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas en grego ou en francés, "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro en xaponés; "O can Rin e o lobo Rispín" de Casares, en bretón; a Suso de Toro co seu "Revólver" en checo; el "Simbad" de Cunqueiro en árabe, as "memorias dun neno labrego" de Neira Vilas en macedonio o antología da poesía galega en inglés e francés. Os libros galegos traducidos a outras linguas compoñen a exposición "Urbi et orbi (dende o galego para o mundo)", que mañá sábado as 12.00 horas inaugurase na Capela do Hospital de Cangas. A exposición é o traballo do grupo de catro docentes do Departamento de Normaloización e de Dinamización Lingüística do Instituto María Soliño de Cangas: Henrique Harguindey (docente de francés), Ramón Rocamonde (galego), Xosé Martínez (latín) e Salvador Castro (lingua española).
A exposición, según manifesta Castro, consta duna mesa con máis de 50 obras traducidas do galego a outras linguas, paneis con a teoría da tradución e coas primeiras traducións do galego. A máis vella, de 1898, é unha ó sueco dunha antoloxía poética do século XIX con textos de poetas vascos, catalanes e galegos.Os panéis recollen tamén os autores máis traducidos, como pode ser Manuel Rivas; e os textos galegos en lenguas menos estendidas como bretón, sardo, croata...Complemenmtan a exposición dos videos, un descriptivo da mesma no que se len textos de Cunqueiro en alemán e árabe, Neira Vilas en inglés, Rivas en italiano e Méndez Ferrín en francés. No segundo, este último autor fala da importancia de traducir dende o galego a outras linguas e dende outras linguas ao galego e responde a preguntas sobre a súa obra traducida. Tamén ofrécense xogos interactivos.
Os catro docentes forman un grupo de traballo que xa fai cinco anos publicou, co Museo Massó, un léxico de O Morrazo co título "Unha maré de palabras". "Urbi et orbi"permanecerá na Capela ata o 23 de maio e circulará despois polos centros educativos do Morrazo e área de Vigo.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Debe permitirse la legalización del apartotel de Samil?
  Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite
  No, existe una sentencia que obliga a su derribo
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, el nuevo Plan Xeral lo permite 21%
No, existe una sentencia que obliga a su derribo 79%
   
¿Debería dejar Corina Porro el Senado para ser diputada autonómica o al contrario?
  Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta
  No, no son puestos incompatibles
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
Sí, debería centrarse en el Gobierno de la Xunta 71%
No, no son puestos incompatibles 29%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas