´A día de hoxe somos un barrio marxinal: a xente tén medo a entrar por aquí´

Os Salgueiriños esíxelle ao concello reformas que o equiparen ao centro.

 02:03  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

S. REGUEIRA °Ω Pontevedra
"O barrio dos Salgueiriños son 74 vivendas, cumpliron fai pouco medio século, eran as chamadas casas sindicais que logo foron de vivenda", explica Mercedes Fernández López, voceira duns 200 veciños que esta fin de semana inauguraron oficialmente a súa"guerra pola humanización". Nun concello premiado pola súa accesibilidade, esixen a mellora dunha colonia que xa cumpliu medio século e que se ve afastada ano a ano das reformas do casco urbano. O pasado sábado o barrio apareceu cheo de pancartas e cartaces; os residentes declaran que "imos chegar ata o final para que se nos escoite".
- ¿ C ó m o evolucionou o barrio da última década?
-Eu levo vivindo aquí doce anos e neste periodo o que podo decir é que o deterioro foi sempre en ascenso dado que nunca tocaron nada,non houbo nin un so arranxo por parte do concello. É un barrio que ten 50 anos e,por exemplo,os sumidoiros seguen tal cual, é unha rede que plantexa moitos problemas: desbordan, rompen as canalizacións e nese caso como en xeral hai moito deterioro.
-Demandan iniciativas como a peatonalización ¿qué plan lle plantexan os veciños ao concello?
-O plan que se lle demanda está relacionado co feito de que toda esta zona é de nova construcción, todos os nosos lindeiros son zonas novas e, pola contra, vese perfectamente que o noso barrio quédase obsoleto, a día de hoxe funciona casi un barrio marxinal, a xente de feito ten medo a entrar por aquí porque realmente mete medo: o alumeado é escaso, as beirarúas están rotas, son estreitas e pequenas, cunha cadeira de rodas xa non se cabe e un discapacitado ten que baixarse á carretera. Ésta, á súa vez, está invadida de coches que van ao supermercado ou ao ximnasio, e aparcan por enriba das aceras, hoxe este barrio é un caos en todos os sentidos. E agora nos vemos coa agravante de que imos ser o acceso vial para o novo supermercado que abren. Nós non temos nada en contra do supermercado nin da actuación número 11 que quedou moi bonita pero sí estamos en contra do concello cando nos vemos comparativamente, ao ver como estamos nós. No primeiro momento quedaron de facer o barrio antes de facer esa actuación, e a verdade e que é todo ao revés.
-Nos últimos anos mantiveron ata tres reunións oficiais cos concelleiros delegados.
-¿Ata tres reunións? (risas) Non sei cantas, pero desde o ano 2001 seguro que moitas máis de tres: pasamos por César Mosquera, por Vázquez Plaza, por Guillerme Vázquez, Demetrio Gómez....Agoran din que xa non é competencia de Vázquez que é de Mosquera e así levamos oitos anos.Tamén fixemos alegacións por un lindeiro da actuación, actuacións que foron desestimadas, e fixemolas porque sabiamos que na actuación ía un aparcamento de superficie e non había vial para esa actuación, nós vimos que a entrada ía ser polo barrio.
-Os veciños denunciaron ao iniciar as mobilizacións que xa se produce un caos de tráfico no barrio e que agora será peor.
-Vai ser moito peor, chega con pensar que é o único acceso que hai, antes nós deciamolo de palabra e parecía que era mentira, que non ía pasar, pero xa está feito, así que non hai máis que ir alí e miralo: non hai outro acceso vial excepto o barrio dos Salgueiriños. Eso é un abuso e un apoio do concello á promotora, non hai outro xeito de velo.

COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
 Buscador vivienda
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anúnciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que el transporte marítimo de ría es adecuado?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
26%
No 74%
   
¿Cree necesario que se construyan más aparcamientos subterráneos para residentes?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
72%
No 28%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio