farodevigo.es » Galicia
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
O trazado do AVE elimina decenas de tramos e pequenas estacións
 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Imaxe dunha das estacións afectadas pola construción da liña da alta velocidade. / lop
 
 MULTIMEDIA
A medida que constrúe a liña de alta velocidade, Renfe levanta as vías que empregan os rexionais, suprimindo paradas e impedindo que se empreguen para cercanías
Pilar Mera / A CORUÑA
A tan reclamada alta velocidade para Galicia tamén ten a súa parte negativa. O trazado deseñado por Renfe tanto para o AVE a Madrid coma para o Eixo Atlántico que unirá A Coruña e Vigo está a supoñer o desmantelamento das vías que empregan os trens rexionais e a desaparición de boa parte das paradas e estacións das pequenas vilas. Nos tres últimos anos xa se teñen pechado unhas sete estacións na Coruña a medida que se ían completando as obras da nova vía, e nos próximos meses eliminaranse outras tantas paradas en Pontevedra.
O problema é que ademais de construír a nova liña, Renfe está levantando as vías do trazado tradicional, obrigando a pechar moitas estacións que daban servizo a pequenas localidades e suprimindo paradas para os trens rexionais, que xa empregan o novo trazado nos tramos que se van completando. Este é o caso do apeadoiro de Bregua, na saída da Coruña, que antes era unha parada (facultativa) dos trens rexionais pero onde xa non quedan nin as travesas. O mesmo sucede na vella estación de Ordes-Pontraga, substituída por outra máis alonxada da vila e de difícil acceso, e iso sucederá tamén o mes que vén na localidade pontevedresa de Portas, que perderá a estación ao entrar en funcionamento a vía do Eixo Atlántico, que non pasa por alí -nin por Cerceda, Pontecesures, Catoira, Arcade ou Redondela-. En definitiva, a liña do Eixo Atlántico só mantén as paradas nas grandes vilas e nos lugares nos que é preciso cambiar de máquinas ou levar mercadoría: A Coruña, Uxes (queda para facer intercambios de vagóns), Meirama (só servirá para descargar o carbón da central da Fenosa e os vagóns que traen o lixo para incineralo en Sogama), Ordes, Santiago, Osebe (outro intercambiador), Padrón, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo. Dez estacións, das que só en sete poderán subir e baixar pasaxeiros e que distan moito das 29 que había en 2005, antes de que comezase a desmantelarse esta estrutura.
No caso da liña A Coruña-Ferrol, malia que aínda está na fase de estudo informativo, a previsión é que polo menos até Betanzos tamén se levante a vía que hai na actualidade (que para en Elviña, O Burgo, Cambre e Cecebre), aínda que os veciños da comarca, xunto co Concello de Cambre, están presionando para que se cambie o trazado, que pasa por paraxes naturais como o Bosque Animado. Tamén se eliminarán as paradas entre Betanzos e Curtis, cara a Lugo. Entre Santiago e Ourense e entre Vigo e Ourense en principio vanse respectar as estacións actuais, aínda que só para mercadorías, o que deixaría fóra do tráfico de viaxeiros a vilas importantes coma Lalín. En definitiva, das cen estacións que Renfe ten hoxe en servizo en Galicia, as únicas que teñen asegurada a súa permanencia son as das vilas que fan de enlace (A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Tui, Ourense, Monforte, Lugo, Ferrol e Betanzos) e as que son necesarias por cuestións técnicas ou comerciais.
Os colectivos que defenden un tren de proximidade para Galicia recoñecen que non tería sentido que o AVE ou o Eixo Atlántico parase en todas as pequenas localidades, entre outras cosas porque se fixese iso non podería alcanzar en ningún tramo a velocidade máxima. Pero o que esixen é que non se desmantelen as vías tradicionais e se artelle desde agora un plan para empregalas no futuro como un servizo de cercanías alternativo á alta velocidade, que ademais será tres veces máis cara cós actuais rexionais.
"Non pode ser que se estea desmantelando todo un servizo a cambio de nada", di Fernando Gómez, voceiro da plataforma Salva o Tren. A Xunta di ser "consciente" do futuro incerto do servizo ferrivoario, e tamén aposta por impulsar un servizo de cercanías, para o que está mantendo "contactos" con Fomento, que de momento garda silenzo sobre as súas intencións.
COMPARTIR
 


  HEMEROTECA
 Buscador vivienda
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anúnciese gratis
El portal inmobiliario de 
 galería: celta vs. málaga, a 6 puntos del descenso

  Encuestas de actualidad
¿Está a favor de que la Xunta subvencione el autobús urbano de Vigo para las personas que se desplazan desde O Morrazo en los barcos de ría?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
41%
No 59%
   
¿Está de acuerdo con las restricciones de tráfico que habrá en el centro por la construcción de nuevos parkings?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
34%
No 66%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 
  Aviso legal
  
Otras publicaciones del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review