Hai moitos anos galerna era unha palabra moi usada nas nosas costas e todos lle dabamos o significado de "vento moi forte con mar moi movido" ou algo así. Con máis precisión, alguén nos advertiu que a palabra, tecnicamente, significaba a penas "vento do NW", con moita forza ou con pouca. E sí debeu de ser, porque Camoês (Os Lusíadas) di: "Assopra-lhe galerno o vento, e suave". En lingua portuguesa a palabra anda tamén como adxectivo e así funcionarían en galego antigo como "vento galerno". Tense dito que galerna e votábulo bretón que se difundiu polo mundo a través do francés. Non lles sabería decer porque non teño noción de linguas célticas.
De rapaces ouviamos moito falar de galernas en Vigo, que era cando se "fechaba o porto" e a comandancia de Mariña non deixaba desatracar os vapores a Cangas e Moaña. Había xente que collía o tren eléctrico de Baiona e ía alí para ver a galerna, e para ouvir os seus estouridos nas pedras da Bombarda e outras. Toda a vida lembrarei que, naqueles tempos, o NODO sacaba sempre a galerna metendo moito escándalo en San Sebastián, que o locutor podía chamar con típica retórica franquista "la capital donostiarra" ou "la Bella Easo". Estes días houbo galerna e viuse moito no televexo os seus espectaculares modos e maneiras na cidade da Coruña. Pero a palabra galerna parece que se eclipsou para deixar paso a unha voz que nantronte tosos descoñeciamos e que hoxe non se lle vai da punta do boligrafo aos guionistas políticos: refírome a tsunami e ao que queira que signifique realmente en non. Sei que lingua polinésica. Llamarares debeu de aprender tsunami nun venres.
Chámase Galerna unha revista de literatura que, en lingua castelá, é editada en EE UU so o patrocinio de dúas universidades: a Montclair State e a Central Florida. No seu último número aparece unha mostra de poesía galega actual, coas correspondentes versións ao castelán: X.M. Álvarez Cáccamo, María do Cebreiro, Xavier Cordal, Xulio L. Valcárcel, Antón Lopo, Olga Novo, Chus Pato, Ana Romaní. Certamente non sobra ningún nome aínda que poderían serlles sumados outris tantos, e máis, co cal a antoloxía deixaría de ser unha amósega para cobrar o corpo dun Cancioneiro que, coma os medievais, ofrecése a obra duns autores cuxa presenza en masa só poder certificar a existencia dunha Idade Aurea das letras en lingua galega.
Facendo memoria das galernas do pasado represéntaseme aquel tempo no que revistas e editores non galegos acollían nas súas publicacións na décade de sesenta a obra dos nosos poetas, sempre debidamente traducidos. Era xa daquela a nosa unha Idade de Ouro literaria e os españois e hispanoamericanos soían admirarnos. Fago especialmente memoria da revista Claraboya de León polo moito que significou para os nosos o ser en acollidos nas súas práxinas e polo feito conmovedor de que unha muller leonesa, nova pro xeneticamente unida ao espírito daquela publicación na que un Gamoneda, un Merino, un Delgado, un Mateo Díez estaban presentes, e estou a me referir a Eloísa Otero, se encontre no comité de redacción da Galerna norteamericana que hoxe azoutou a miña reminiscencia.
Ver os nosos poetas traducidos e ao lonxe reconforta, por distanciamento, e fainos sentir orgullosos das nosas Letras Contemporáneas.