farodevigo.es » Vigo
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

Lois Pereiro, figura das Letras Galegas 2011

Manuel Rivas, que propuxo a candidatura do escritor, di que "foi unha decisión moi valiente"

 11:17  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O poeta monfortino Lois Pereiro, nos anos oitenta, na Coruña. // Víctor Echave
O poeta monfortino Lois Pereiro, nos anos oitenta, na Coruña. // Víctor Echave 

ISABEL BUGALLAL "Foi unha decisión moi valiente, síntome orgulloso da Academia Galega, moi poucas academias farían unha aposta así", afirmou onte Manuel Rivas, que levou a RAG a candidatura do seu vello amigo e compañeiro en lides literarias Lois Pereiro (Monforte, 1958- A Coruña, 1996), autor de pouco máis de dous poemarios e, sen embargo, poeta de culto. "É un mito contemporáneo", resumiu Rivas que, na súa primeira oportunidade, como académico, de propoñer unha figura para homenaxear durante o ano, logrou impoñer a súa vontade fronte a candidatos de corte máis canónico como Ricardo Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde ou Valentín Paz Andrade. Houbo hate doce votacións onte no pleno da RAE, hate sair refrendado Pereiro entre a docena de nomes propostos.
Pereiro non era o favorito do presidente da RAE, Xosé Luis Méndez Ferrín, quen destacou non obstante que "a súa temática e a súa maneira de producirse no mundo son merecedoras de iste honor".
Para Ferrín, Lois Pereiro "representa o que Manoel Antonio representou nos anos vinte do século XX" e a súa obra supón "una liña de intensidade vital e orixinalidade formal" na lírica contemporánea.
Rivas sintiuse "emocionado" pola decisión, que racha por completo coa tónica dos anos precendentes e é un síntoma de que os novos tempos son chegados á institución académica. A propia entrada na RAE do autor de "Os libros arden mal", o pasado decembro, significa a chegada da xeración dos oitenta, á que pertenece Pereiro, un poeta que, como recordou o seu valedor, "é un mito contemporáneo" e encarna "a cultura alternativa e underground."
Despois de cumplirse en 2006 os dez anos da súa prematura morte, aos 38 anos, xurdiron voces en defensa da candidatura de Pereiro para conmemorar o Día das Letras Galegas (2010 estivo dedicado ao poeta Uxío Novoneyra),entre elas a de un escéptico Rivas, que recoñecía entón a dificuldade de vencer a "xerontocracia" vixente.
En vida, Pereiro só publicou dous libros, "Poemas 1981/1991" (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), no que se recollen tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida literaria, e "Poesía última de amor e enfermidade" (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), aínda que a súa obra figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos "De amor e desamor" (1984) e "De amor e desamor II" (1985) e en distintas compilacións.
Dos dous poemarios publicados en vida, "duros e espidos", destacou a RAG, que en eles "se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura".
"Cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto", engadiu a Academia, e "cartografou coma ningúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo".
Pereiro participou en revistas como "Loia" –fundada en Madrid con Rivas, Antón Patiño e seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro– ou "Luzes de Galiza", ademáis de guións de televisión. Deixou tamén unha novela inconclusa, "Naúfragos do Paraíso". Un dos seus poemas foi musicado polo grupo Radio Océano, do que era lider seu irmán, que declarou tras o pronunciamento da Academia: "Non sei o que diría, porque non era un hombre que frecuentase os círculos literarios, pero imaxino que lle faría ilusión, porque gostáballe que a súa obra se difundise".

COMPARTIR
 

Tráfico en la comarca
AmpliarAmpliar información
Tráfico en la ciudad
AmpliarAmpliar información
 
FARODEVIGO.ES CONCURSOS
+ VER FOTOS ENVIADAS

EspecialES  MOTOR

Moto GP 2010

MotoGP

¿Podrán Lorenzo o Pedrosa destronar a Rossi? Sigue el campeonato de Moto GP 2010.

 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

CANAL DE METEOROLOGÍA

webcam ría de VigoEL TIEMPO

Consulte el tiempo que hará en Vigo, Galicia, España y en la costa del país.

 
Páxinas Galegas

localice más de 120.000 empresas en Galicia

ESPECIAL xacobeo

Mundial 2010

Xacobeo 2010

Siglos de historia, tradición y peregrinaciones. Conoce El camino de Santiago

 

Especial Renta 2009

Renta 2009

Renta 2009

Toda la información sobre la Declaración de la Renta 2009: Guía útil, Noticias, Cómo pagar menos
formula-1  
Vive la emoción del GP de Canadá de Fórmula 1 y sigue a Fernando Alonso en Ferrari. Noticias, Calendario F1, pilotos, circuitos...

WEBCAMS DE GALICIA

webcam ría de Vigo

Webcam

Contemple la Ría de Vigo desde la sede de FARO, situada en Chapela
>> Vea otras webcams de Galicia

 

CLUB FARO

webcam ría de Vigo

Club Faro

Conozca la programación de actos, conferencias y coloquios de este mes

 

PROMOCIONES

webcam ría de Vigo

Vajilla Vista Alegre
Coleccione con FARO de VIGO esta excepcional vajilla (6 servicios de platos lleno, hondo, postre y pan).

webcam ría de Vigo

 Ortofotomapas del Camino de Santiago
Toda la información de cada camino tramo a tramo: monumentos, alojamientos, restaurantes...

 

BREVES EN FARODEVIGO.ES

clasificados

Anuncios clasificados

Inserte cómodamente anuncios por palabras en Faro de Vigo desde aquí

 

Club Internacional de Prensa

  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009