|
|
|
HEMEROTECA » |
|
VÍCTOR MÉNDEZ - PONTEVEDRA Unha etapa en Asturias foi o detonante do cambio. A subida á estación de esquí de Fuentes de Invierno da Vuelta do 2008 supuxo un antes e un despois na carreira de Ezequiel Mosquera. Naquela tarde deixou atrás a Valverde e a Carlos Sastre, e o propio Contador declarou que non pasaba ós relevos porque "Mosquera iba muy rápido". Despois chegaron as suculentas ofertas do exterior (o Katiusha foi o máis interesado), pero Ezequiel rexeitou os dólares rusos e a opción de liderar a un conxunto no Tour de Francia a cambio de seguir fiel a unha terra, a unha xente e a unha organización que vén de relanzar a historia recente do ciclismo galego. Agora, con amigos facendo de gregarios de luxo, asalta o máis difícil todavía: gañar a Vuelta a España.
– ¿Cómo está físicamente?
– Atópome ben, moito mellor que o ano pasado nestes momentos. Tiven unha pequeña diarrea que arrastro dende o sábado, pero estou con astrinxentes e non me preocupa. As analíticas din que non é ningún virus, e eu estou ben. Perdes líquidos, pero si te hidratas correctamente non tés problema. Ademais, como perfectamente e non perdín nada de peso.
– Os ciclistas falades de sensacións. ¿Cómo son as súas a poucas horas de comezar?
– Pois este ano son boas, porque o ano pasado eran malísimas. Botei catro ou cinco días tocado ó baixar da altitude, pero despois xa me notei bastante mellor (o ano pasado, Ezequiel sufriu moito nas primeiras etapas por baixar demasiado tarde da concentración en altitude). Durante o ano fixen alguna concentración parecida, e esto axudoume a lévalo ben.
– O inicio será espectacular, con ese prólogo no circuito de Assen. ¿Cómo ve a etapa?
– Penso que haberá especialistas que loiten pola victoria parcial, e tamén se meterán algún dos esprinters, porque é moi curta. Valverde tamén será un dos favoritos. Sobre o percorrido, ten curvas difíciles de trazar en moto a 200 por hora, pero penso que para nós non debía haber problemas. Aínda que non me favorece, penso que non perderei demasiado tempo.
– O resto de xornadas en Bélxica e Holanda serán novas para o Xacobeo.
– É certo. A de Lieja ten pinta de ser perigosa, pero as outras dúas tamén serán complicadas polo vento , que unido ós continuos cambios de dirección das estradas fará moito daño. Para nós non será fácil. Hai moitos equipos Protour adaptados a competir aquí que saben que nós somos débiles neste terreo, igual que eles o pasarán mal en España cando chegue a montaña. O que nos pode salvar é que non son clásicas, haberá vinte días de competición por diante e a xente pensará que co tute que lles queda non poden arriscar demasiado. Outro perigo nesta zona son as caídas.
– Os seus compañeiros terán un papel básico nestes primeiros días.
– Así é. Iso estivo falando Pino, que unha gran parte do equipo estea cerca de min para intentar pasar estas etapas sin problemas. Despois, cando entremos en España, con que me vixilen dende un pouco máis lonxe xa será suficiente.
– Falemos dos rivais. ¿Valverde, Basso, Samuel Sánchez e a sorpresa de Tondo?
– Pois sí, eses catro que ti dis, pero eu tamén metería a Evans. Ven de facer un Tour malo e ten categoría. Seguro que quere quitarse a espiña, e o seu equipo tamén lle presionará para facelo ben. Outro home perigoso será Gesink, que xa o fixo ben o ano pasado con só 22 anos. Este ano tíñano gardado para o Tour, pero tivo unha caída.
– ¿Ezequiel Mosquera firmaría o podio a día de hoxe?
– O podio estaría moi ben, pero o outro (ganar la Vuelta) sería "a repera". Hai que saír coa ambición de loitar por todo. En calquera caso teño que ser cauto. Son vinteún días de competición nos que pódeche pasar de todo.
– Hai moito terreo para escaladores. ¿Cales serán as xornadas máis duras?
– É difícil, porque somos os corredores os que facemos máis ou menos dura unha etapa. Velefique é un porto durísimo, e ven despois dun día de descanso. Ademáis, teremos que subilo dúas veces. Fun a coñecelo aproveitando a clásica de Almería, e pareceume terrible. Ó día seguinte ven Sierra Nevada, que ten primeiro ó Monachil, outra subida muy dura.
– ¿Entón non espera diferencias no primeiro encontro coa montaña?
– Na subida a Aitana pega bastante o aire, e aínda que é un porto longo ir á roda conta moito. Xorret de Catí é unha subida curta, e si non tés un bo día podes perder tempo, pero non demasiado.
– ¿Cómo están os seus compañeiros de equipo?
– Os seis que estivemos arriba (en Pena Trevinca) moi ben todos. Vorganov anda moi ben para arriba, o vexo finísimo. Veloso e David (García) están ó nivel que xa nos teñen acostumbrados, e a Rabuñal se lle vé este ano con moito oficio e responsabilidade. E logo está Serafín (Martínez), que xa ten dúas Vueltas ás espaldas, xa non é un xuvenil.
– Os controles anti-dóping xa pasarían por vós, supoño. ¿Perxudican ó rendemento tantas análises de sangue?
– Penso que non. Sácanche uns cantos tubos, non creas, supoño que aí controlarán de todo. Pero o que perdes o recuperas rápidamente a base de líquidos e de alimentación.
– ¿Nota a presión de estar entre os favoritos?
– Na casa notábao moito, sobre todo nestes últimos días, pensaba: ¡o que se me vén enrriba!. Pero mañá (por hoxe) xa entramos na dinámica de carreira e será outra cousa. Pode salir ben ou mal, pero teño que dar o máximo. Si as forzas me acompañan moi ben, e si non, resignación. A verdade é que me costa durmir ben.
– Xa terá gañas de subir á bici e que comece o serio.
– Pois sí. Aquí estamos ben, relaxados, pero xa esperamos que chegue a hora. A viaxe foi boa, os entrenos aquí están sendo tranquilos e todo marcha ben. Pero a partir de mañá (por hoxe) empezamos có nóso na Vuelta: almorzar, correr, masaxe, cear e durmir, e así tódolos días.
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
|
||||||||