O BNG convoca este venres 25 de maio unha asemblea veciñal en Mogor. Terá lugar na antiga escola infantil (na Barriada) ás 20.30 horas e o asunto principal da mesma será falar das necesidades de Mogor, así como informar do traballo realizado polo BNG, según expón o seu responsable local, Xurxo Agra. "Esta é a cuarta asemblea veciñal que convocamos, tras as celebradas en Seixo, Ardán e San Tomé nas pasadas semanas, e nas que o BNG está a percorrer as parroquias de Marín coa finalidade de escoitar as inquedanzas, demandas, queixas e propostas da veciñanza, así como informar do traballo feito pola nosa organización", engade Agra do Pazo.